• SINOPSIS

    Que lle diría a unha muller que afoga?

    Que lle diría a unha muller que di que quere ser Suíza?

    Que lle diría a alguén que acaba de perder ao seu mozo pola súa culpa? Que lle diría a un home que soña que pare gatos?

    Que lle diría a unha muller que di que chega do futuro?

     

    Que sucede cando estamos constantemente expostas ante a ollada do outro? Incoherencias, debilidades, carencias, miserias, desexos...

     

    Miramos, precisamos ser miradas, expoñémonos ante a mirada allea que nos devora... xúlganos... desdebúxanos.... ou quizáis, xa estamos desdebuxadas.

    Expostas é unha obra que abarca os límites da normalidade imposta e comparte algunhas desas rarezas que nos fan humanas.

     

    Violencia gratuíta, humillacións públicas, mulleres espidas, malleiras, un paiaso fumigador, todo... por un módico prezo.

     

  • FICHA TÉCNICA

    DIRECCIÓN E DRAMATURXIA Carlos Álvarez-Ossorio. TEXTOS Vanesa Sotelo. Rosa Puga Davila. Teté Garcia. Marta Pérez. PRODUCIÓN Marta Pérez. Juan Hernández. INTÉRPRETES Vanesa Sotelo. Xosé Manuel Esperante. Rosa Puga Davila. Teté Garcia. Marta Pérez. ESCENOGRAFÍA Anxo Cendal. CREACIÓN AUDIOVISUAL Anxo Cendal. Carlos Álvarez-Ossorio. ESPAZO SONORO Juan Hernández. ESTUDIO DE GRAVACIÓN Ronett Studio. DESEÑO GRÁFICO María Rodríguez (m.ar.te@hotmail.com). FOTOGRAFÍA Diego Frei. VESTIARIO Inversa Teatro.