INVERSA TEATRO VOLTA A GALICIA CON KAMOURASKA DESPOIS DE PASAR POR BRASIL, COLOMBIA, MÉXICO E VENEZUELA.
A representación será o 1 de Xuño ás 20:30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Poderase ver esta montaxe en Galicia despois do seu paso por Colombia, Venezuela, México e Brasil
A compañía Inversa Teatro presenta no Salón Teatro a peza Kamouraska. A obra, dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez, Kamouraska poderá verse o sábado 1 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20:30 horas.
Kamouraska preséntase de novo en Galicia logo de pasar o ano pasado por Brasil e de realizar unha xira dun mes por Colombia, e de estar novamente este ano en Colombia, México e Venezuela onde realizaron talleres e actuacións repartidas por diferentes festivais e ciudades dos diferentes países.

Proxección latino-americana
Kamouraska vén avalada pola boa acollida de crítica e público nos diferentes Festivais, mostras e teatros nos que estivo tanto no 2012 como neste mesmo ano. De igual forma, o interese que suscitou a compañía deu lugar a outros convites en Festivais de países como Uruguay, Colombia, México, Ecuador e Cuba. Por elo, Inversa está sumerxida en novas producción que a levarán de novo a latino-américa. Unha destas producións é Té con Kant, peza de teatro íntimo creada e interpretada por María Caparrini e Marta Pérez que xa posúe convites de diferentes países.
KAMOURASKA
Kamouraska é un lugar mental no que as súas tres habitantes (entre humanas e caninas) teñen a posibilidade de reinventar un universo con regras propias no que o xogo é rirse da infelicidade para ser feliz. O desequlibrio entre a necesidade e a imposibilidade de amar, de pertencer a un lugar e de soñar, dá pé a un espectáculo de corte contemporáneo e carácter asociativo que procura o riso como vía de escape ante o violento acto de existir. Pensada como unha comedia cruel dentro dunha traxedia subterránea, Kamouraska ofrece once embates percorridos de excentricidade, elementos grotescos e desenfadados que desembocan nun cambio de pel das actrices en escena.
Inversa Teatro
Inversa Teatro é unha compañía de teatro profesional fundada en 2009 por Marta Pérez e que xa conta con catro producións nun exemplo de incesante actividade. A aposta polos novos creadores e creadoras, a posta en valor do feminino e a convivencia de diferentes linguaxes nos seus proxectos son algunhas das claves de Inversa que, despois de Expostas, A illa das mulleres loucas e Kamouraska e Paper Dolls: un espectáculo escrito e dirixido por Lola Correa que inclúe o documental Paper Dolls.doc sobre o proceso creativo da peza e que conta coa dirección de Manu Paz.







Marta Pérez e Vanesa Sotelo foron convidadas a participar neste encontro de mulleres dentro do Festival Iberoaméricano de Teatro de Cádiz, onde puideron presentar un pequeno fragmento interpretativo da peza Expostas, ademáis da ponencia que leva por título «Tomar las riendas y crear a la Inversa. Una perspectiva feminista de la creación teatral en Galicia«


