Últimas novas: Paper Dolls seleccionada na Mostra das Artes Escénicas de Galicia

Inversa Teatro foi seleccionada para amosar un showcase na Mostra das Artes Escénicas de Galicia. O acto terá lugar o día 17 de Outubro ás 22h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela

Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta de unha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza teatral que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación dunha obra de teatro; desde os aspectos máis artísticos para montar unha escena, ata as dificultades e traballos propios da producción. A peza teatral dura 50 min e o documental 30 min, co que temos un espectáculo de 80 min. Este é un exemplo máis da aposta de Inversa pola convivencia real de diferentes campos artísticos. Desde Inversa Teatro pensamos que ofrecer un documental sobre o propio traballo escénico, non só axuda a unha mellor comprensión da obra, senón tamén a entender toda a cantidade de traballo (moitas veces descoñecida) que hai detrás de calquera producto cultural.