kamouraska chega a Vigo

INVERSA TEATRO CHEGA A VIGO COA PEZA KAMOURASKA, ANTES DE VIAXAR A PORTUGAL E BRASIL

As representacións serán o 23, 24 e 25 de Marzo  na Sala Arte Livre de Vigo

A Compañía ofrecerá ademáis, un coloquio sobre o proceso creativo e intercambio directo cos espectadores despois dunha das representacións.

A compañía Inversa Teatro presenta na Sala Arte Livre de Vigo a peza Kamouraska. Dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez, Kamouraska poderá verse o venres 23 e sábado 24 ás 21:30 horas e o domingo ás 21 horas na Sala Arte Livre de Vigo.

Alén destas funcións que Inversa realizará nos días arriba sinalados, o venres 23 despois da representación, a Compañía ofrecerá unha mesa redonda sobre o proceso creativo e un intercambio directo cos espectadores que acaban de presenciar a función. Deste xeito Inversa Teatro, continúa apostando por aportar novas liñas que se extendan máis aló do campo meramente teatral e introduce nesta ocasión un aspecto pedagóxico para que o público poida atopar unha mellor comprensión sobre o universo creativo de Kamouraska. Os aspectos a tratar neste coloquio serán os seguintes:

-Puntos de partida, erros-desvíos, descubertas.
-Claves para achegarse á rareza e excentricidade de Kamouraska.
-Personas-Personaxes. Visitando ás personaxes de Deusa, Jöelle e Djouki. Achegándose ás persoas-personaxes de Marta Pérez, María Caparrini e Beatriz Campos.
-Dramaturxia en Kamouraska: Orixe – Distanciamento – Apropiación – Selección – Ordenación.
-Escena e Violencia: Destapando as imposibilidades de Amar, Pertencer e Soñar.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>