Xira do 22 de Xullo ó 17 de Agosto en Colombia

A xira de Kamouraska que Inversa Teatro fará por Colombia xa está pechada. Marcharemos o 22 de Xullo e voltamos o 17 de Agosto; así que estaremos preto dun mes no país Colombiano e as datas e lugares onde actuaremos van a continuación:

24 de Xullo- Taller do Proceso de Creación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá.

25 de Xullo- Representación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá.

Do 27 ao 6 de Agosto- Festival Santander en Escena de Bucaramanga:

31 de Xullo- Auditorio Luis A.Calvo de la Universidad Industrial de Santander.

3 de Agosto- Teatro de Florida Blanca.

7, 8 e 9 de Agosto- Talleres de Biodrama coa Compañía Colombiana Teatro Itinerante del Sol. Encontros teatrais coa Comunidades rurais de Boyacá.

10 de Agosto- Función de Kamouraska como Lanzamento do Festival Internacional de La Cultura en Tunja.

11 de Agosto- Taller do Proceso de Creación de Kamouraska no Festival- Tunja.

12 de Agosto- Sala La Maloca- Villa de Leyva- Boyacá.

14 de Agosto- AECID- Centro de Formación de la Cooperación Española- Cartagena de Indias.

15 de Agosto- Taller do Proceso de Creación de Kamouraska en Cartagena de Indias.

  1. Oswaldo Niño Bernal

    Donde debo inscribirme para el taller en Bogotá?????????

Comments are closed.