Inversa realiza o curso Arte, Natureza e Teatro

Inversa Teatro impartirá o curso Arte, natureza e teatro que se realizará os días 24 e 25 de Novembro no Castelo de Soutomaior, encadrado dentro dos cursos de Arte e Natureza que o Grupo Arou ven organizando desde hai dez anos por toda Galicia. Os cursos están orientados en xeral a creadoras e creadores e nel traballaremos os puntos de vista escénicos ou viewpoints -teorizados por Anne Bogart-  a partires de composicións espaciais que nos ofreza a propia relación coa natureza.

Este evento de Arte, natureza e teatro conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

DESCRIPCIÓN DO CURSO:

O curso de Arte, Natureza e Teatro quere achegar a diferentes creadores que habitualmente non traballen coas Artes Escénicas os chamados puntos de vista escénicos –viewpoints ou PVE-

Os PVE foron teorizados por Anne Bogart, directora artística do Saratoga International Theater Institute (SITI) e profesora asociada da Universidade de Columbia.

Os viewpoints ou PVE son puntos de concienciación  que o artista e creador establece durante o traballo. Son nomes que se dan a certos principios básicos de move

mento e que ofrecen unha linguaxe para falar sobre o que acontece ou funciona no escenario. Son nove categorías que poden coincidir parcialmente unhas con outras, dependendo da/do artista e do estilo da produción. Falamos entón de determinados traballos de composición que proporcionan unha estructura para a/o artista e polo tanto de ferramentas ao servizo da arte.

A linguaxe do escenario, como calquera outra linguaxe, pode expresar todo o que a imaxinación lle dicte a quen trata de expresar algo. Nesta ocasión, o escenario será o mundo físico da propia natureza e dependerá de cada un de nós e de como usar a linguaxe e o que poidamos expresar con ela.

Os PVE son unha estrutura para a práctica, para manter en forma, alerta e flexibles determinados “músculos”. A creadora e o creador, no caso dos PVE exercita o ser consciente, a destreza de escoitar con todo o corpo e un senso de espontaneidade e capacidade de extremar. Os PVE capacitan á/ó artista para atopar a posibilidade dalgo moito maior do que imaxinaran ao principio. Ao empregar os PVE permitímonos a sorpresa, a contradicción e o impredecible.

Logo de adestrar cos PVE ven o traballo de composición, entendido coma unha metodoloxía para xerar, definir e desenvolver o vocabulario teatral que se vai empregar nun determinado acto escénico. A composición desvela os nosos propios pensamentos e sentimentos ocultos acerca do material.

Para este novo encontro de Arte, Natureza e Teatro imos dispor de tódalas posibilidades que nos ofrece a natureza e empregalas para a composición de pezas escénicas de pequeno formato, utilizando a técnica dos PVE e outros parámatros de composición. Cada un dos participantes pode traer na memoria un pequeno texto, versos ou reflexións para xogar dentro deste espazo. Traballarase en grupos, non sendo isto unha condición sine qua non pero sí desexable.

Os PVE son unha filosofía do movemento traducida en técnica para:

a)       Instruír creadores en xeral.

b)      Crear movemento no escenario, sexa cal sexa este.

Imparte o curso: María Caparrini e Marta Pérez

Coste do curso: 20 €
Inscripcións: 690 084 625 //629818199