Inversa participa no novo número da Revista Galega de Teatro

Inversa Teatro participa no número 73 da Revista Galega de Teatro que acaba de saír á rúa, co artigo “Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia” escrito por Marta Pérez e Vanesa Sotelo.

Este artigo é o resultado do convite recibido para participar no XVI Encontro de mulleres de Iberoamérica nas Artes Escénicas do FIT de Cádiz e tamén quedará plasmado na futura publicación das Actas do encontro.

A aparición nos últimos anos dun nutrido número de creadoras escénicas que en Galicia comezan a dirixir os seus proxectos e presentar os seus universos, serviu como excusa para realizar unha panorámica das creadoras galegas, acompañada por unha reflexión sobre a evolución do logos patriarcal. O documento abre unha serie de traballos sobre o teatro e feminismo que se completará no próximo número da Revista Galega de Teatro coa mirada de creadoras doutros puntos do estado.

Máis información en: http://www.revistagalegateatro.com/

*NOTA: Algunhas persoas solicitaron non aparecer nomeadas no artigo por non estar de acordo coa visión presentada nel.