Kamouraska no Salón Teatro de Santiago de Compostela despois de pasar por Colombia, Venezuela, México e Brasil

 

INVERSA TEATRO VOLTA A GALICIA CON KAMOURASKA DESPOIS DE PASAR POR BRASIL, COLOMBIA, MÉXICO E VENEZUELA.

A representación será o 1 de Xuño ás 20:30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Poderase ver esta montaxe en Galicia  despois do seu paso por Colombia, Venezuela, México e Brasil

A compañía Inversa Teatro presenta no Salón Teatro a peza Kamouraska.  A obra, dirixida por Vanesa Sotelo e interpretada polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez, Kamouraska poderá verse o sábado 1 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20:30 horas.

Kamouraska preséntase de novo en Galicia logo de pasar o ano pasado  por Brasil e de realizar unha xira dun mes por Colombia, e de estar novamente este ano en Colombia, México e Venezuela onde realizaron talleres e actuacións repartidas por diferentes festivais e ciudades dos diferentes países.

Foto de Rafa Pasadas- Fundación Autor.

Proxección latino-americana

Kamouraska vén avalada pola boa acollida de crítica e público nos diferentes Festivais, mostras e teatros nos que estivo tanto no 2012 como neste mesmo ano. De igual forma, o interese que suscitou a compañía deu lugar a outros convites en Festivais de países como Uruguay, Colombia, México, Ecuador e Cuba. Por elo, Inversa está sumerxida en novas producción que a levarán de novo a latino-américa. Unha destas producións é Té con Kant, peza de teatro íntimo creada e interpretada por María Caparrini e Marta Pérez que xa posúe convites de diferentes países.

KAMOURASKA

Kamouraska é un lugar mental no que as súas tres habitantes (entre humanas e caninas) teñen a posibilidade de reinventar un universo con regras propias no que o xogo é rirse da infelicidade para ser feliz. O desequlibrio entre a necesidade e a imposibilidade de amar, de pertencer a un lugar e de soñar, dá pé a un espectáculo de corte contemporáneo e carácter asociativo que procura o riso como vía de escape ante o violento acto de existir. Pensada como unha comedia cruel dentro dunha traxedia subterránea, Kamouraska ofrece once embates percorridos de excentricidade, elementos grotescos e desenfadados que desembocan nun cambio de pel das actrices en escena.

Inversa Teatro

Inversa Teatro é unha compañía de teatro profesional fundada en 2009 por Marta Pérez e que xa conta con catro producións nun exemplo de incesante actividade. A aposta polos novos creadores e creadoras, a posta en valor do feminino e a convivencia de diferentes linguaxes nos seus proxectos son algunhas das claves de Inversa que, despois de Expostas, A illa das mulleres loucas e Kamouraska  e Paper Dolls: un espectáculo escrito e dirixido por Lola Correa que inclúe o documental Paper Dolls.doc sobre o proceso creativo da peza e que conta coa dirección de Manu Paz.