Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro.

Nace Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez. Un proxecto experimental de teatro íntimo para presentar en Salóns e espazos non convencionais, onde dialogando co público, este terá que tomar a decisión última sobre o destino das personaxes apelando ó Imperativo Categórico Kantiano.

Un espectáculo onde o humor, a ironía e a filosofía van da man para promover á reflexión (e acción) do público asistente, pasando pola manipulación de obxetos, video-proxeccións, fotomontaxes, recortables e teatro de sombras.

Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia, onde as súas actrices e creadoras María Caparrini e Marta Pérez tentan exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Baixo o espectro do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant, exploran o porqué do fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para dar paso á nosa época post-moderna na que predomina o fragmento e a decepción. É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ao fracaso? Todo iso, será razoado entre as creadoras e o público baixo a invitación dun exquisito té.

Texto, creación e interpretación: María Caparrini e Marta Pérez.

Creación plástica: María Roja.

Fotografía: Leonor Sangabriel.

Edición de vídeo: María Crespo.

Vestiario: Centro Dramático Galego.

Música: Mozart, Friederich Nietszche.

Maquillaxe: Inversa Teatro.

Produción: Inversa Teatro

  1. Alex Bilotta Carratalà

    Sehr geehrte Damen, os he visto esta mañana en la Universidad de Barcelona (…he leído el sobre “A”…) y quería felicitaros por un espectáculo estimulante, instructivo y francamente divertido. ¡Ojalá todas las clases fueran así!

Comments are closed.