Fémina Sapiens, a nova montaxe de Inversa Teatro.

Comeza a nova montaxe de Inversa Teatro: Fémina Sapiens. O proxecto volveu contar cunha axuda por parte de Agadic e desenvólvese como a primeira peza en residencia coa Casa Tomada na Coruña.

Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens ou se, pola contra somos máis proclives á involución.

Fémina Sapiens é unha personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: amizade, familia e amor.

A peza será estreada no Auditorio Municipal de Vigo os días 19 e 20 de marzo. Outras datas para ver a obra son o 2 de marzo na Casa Tomada, 13 de marzo no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, 14 de marzo no Auditorio do Milladoiro dentro das actividades do día da muller, o 15 e 22 de marzo no Auditorio de Santa Marta en Santiago de Compostela ademais de outras datas que anunciaremos en breve.

PROXECIÓN LATINO-AMERICANA:

A peza tamén estará presente no Festival Internacional de Teatro Enitbar en Barranquilla- Colombia entre o 20 e 27 de Abril  e xa conta con máis convites para diferentes países latinoamericanos. Continúa así a proxección da Cía. que xa estivo presente tanto no 2012 como no 2013 en países como Brasil, Colombia, Venezuela e México.