Té con Kant no Auditorio Municipal da Cañiza

Volve o espectáculo de Té con Kant a escenario galegos. Nesta ocasión a peza estará o sábado 30 de agosto ás 21 horas no Auditorio Municipal da Cañiza.

As próximas datas para ver este espectáculo serán o 4 de Setembro en Valencia na Sala Matilde Salvador dentro do marco do I Congreso Internacional de la Red Española de Filosofía,  o 12 de Setembro– Galería Iskoö- Lugo e o 19 de Setembro– La Buena Vida- Cangas do Morrazo.

 

Té con Kant é un é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un  proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente. Atréveste a pensar con nós?