Novas

Té con Kant chega á súa función número 50 na MIT de Ribadavia

A peza teatral Té con Kant chega á súa función número 50 na 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e faino despois de ter pasado por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado.

Celebraremos esta función o día 24 de xullo ás 20:00 horas no Rectoral de Santo André, dentro do SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un  proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente. Atréveste a pensar con nós?

FICHA ARTÍSTICA TÉ CON KANT

INVERSA TEATRO

Texto, dirección e creación: María Caparrini e Marta Pérez.

Interpretación: Marta Pérez e  María Roja.

Creación gráfica: María Roja.

Científico: Xosé Manuel Esperante.

Fotografía: Ángel Sousa. Berio Molina. Leonor Sangabriel.

Edición de vídeo: Ángel Sousa. Marcela Ceballos.

Vestiario: Centro Dramático Galego.

Música: Mozart. Alféizar.

Maquillaxe: Inversa Teatro.

Produción: Inversa Teatro

inversa@inversateatro.com

www.inversateatro.com

La pieza teatral Té con Kant llega a su función número 50 en la 31ª Edición de la Muestra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) y lo hace después de haber pasado por diferentes teatros y festivales en Galicia, Portugal, Colombia, así como en el resto del estado.

Celebraremos esta función el día 24 de julio a las 20:00 horas en el Rectoral de Santo André, dentro del SputMIT. (Programa L – Apoyo a las nuevas compañías)

Té con Kant es un espectáculo escrito y dirigido por María Caparrini y Marta Pérez e interpretado por María Roja y Marta Pérez. Es un proyecto experimental que conjuga el ensayo filosófico y la creación escénica jugando con el humor y la ironía para obtener una pieza de teatro próxima al formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried y Theodora Krauss son dos mujeres ilustradas llegadas a nuestra época en un viaje en el tiempo desde la Prusia del S. XVIII. Una vez aquí intentarán ejercer como agitadoras filosóficas con la pretensión de remover y promover a la reflexión (y acción) del público asistente alrededor de la problemática moral en nuestros días, a partir de las ideas de su amigo el filósofo Inmanuel Kant. La última decisión sobre el destino de estos personajes dependerá únicamente del público asistente. ¿Te atreves a pensar con nosotras?

FICHA ARTÍSTICA TÉ CON KANT

INVERSA TEATRO

Texto, dirección y creación: María Caparrini y Marta Pérez.

Interpretación: Marta Pérez y María Roja.

Creación gráfica: María Roja.

Científico: Xosé Manuel Esperante.

Fotografía: Ángel Sousa. Berio Molina. Leonor Sangabriel.

Edición de vídeo: Ángel Sousa. Marcela Ceballos.

Vestiario: Centro Dramático Galego.

Música: Mozart. Alféizar.

Maquillaje: Inversa Teatro.

Produción: Inversa Teatro

inversa@inversateatro.com

www.inversateatro.com