Té con Kant gana o Premio do público Coiro de Pita

A peza Té con Kant foi merecedora do premio do público Coiro de Pita, que celebra a Sala Ingrávida do Porriño. O acto tivo no lugar na propia Sala Ingrávida o domingo 26 de xullo, no que estaban os representantes dos outros espectáculos nomeados: Hámster de Triatreros, 30 e tantos ósos de Aporía Escénica e Avestruz en Terra Allea de Berrobambám. Tamén se puido ver antes da entrega do premio, o espectáculo O Asombro de Fantoches Baj.

Os encargados de entregar o premio foron os seus “madriños” Tatán e Mariana Carballal. O premio consistiu nunha estatuíña dunha “garra” de pita da xoieira Arela de Fe, de Oia.

Inmensamente agradecidas!! Grazas por este premio! As prusianas seguimos estando enKANTadas co século XXI!