Fémina Sapiens en Ourense e Pontevedra

Seguimos coa nosa xira e deste vez presentamos a peza Fémina Sapiens o día 20 de novembro no Auditorio Municipal de Barbadás- Ourense e o día 26 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra.

Ambas representacións fanse con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

En breve, máis datas!

Fémina Sapiens é un “sólo” teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis proclives á involución-

Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.

Texto e Interpretación: Marta Pérez
Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía e vestiario: Eufrasio Lucena-Muñoz.
Técnica: Laura Iturralde

Produción: Inversa Teatro
Espazo Sonoro: Ronett Studio.
Iluminación e audiovisual: Carlos Alvarez-Ossorio
Fotografía: Gus Abreu
Deseño Gráfico: María Rodriguez

Produción xira novembro: Martiño Guitián Rodríguez

Post your thoughts