Marta Pérez gaña o II Premio de Dramaturxia Breve a Pipa de Becerreá

Marta Pérez gaña o II Premio de dramaturxia breve no XXV Certame Literario da Pipa de Becerreá, coa peza titulada CATIÚSCAS. O Primeiro premio foi para Iria Acevedo, coa obra “Envasadas ao Baleiro” e o accésit recaeu en Jose F. Castillo Allen coa obra “Ara e Ira”.

O Xurado para a modalidade de DRAMATURXIA BREVE estivo formado por:
INMA LÓPEZ SILVA. Escritora. Crítica Teatral. Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro. Doutora en Filoloxía. Profesora da ESAD de Galicia.
ROBERTO PASCUAL. Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Membro do Equipo de Dirección da Revista Galega de Teatro. Licenciado en Filoloxía Galega. Profesor da ESAD de Galicia.
ROI VIDAL PONTE. Dramaturgo, Director de escena, Poeta e Crítico Teatral. Titulado Superior en Arte Dramática, na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia pola ESAD de Galicia. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.

O Xurado destacou da peza Catiúscas: “A capacidade para expresar, a través da estrutura dramatúrxica, a desazón que caracteriza unha relación baseada no machismo e no maltrato, así como a dificultade para resolver un problema estrutural. Minimalismo teatral posdramático no que sorprende o recurso á repetición exacta da mesma partitura de accións”

A obra será publicada pola Revista Galega de Teatro Erregueté.

Post your thoughts