Novas

Comezan as Fábulas Postsocráticas

En Inversa Teatro comezamos coa nosa campaña de comunicación das Fábulas Postsocráticas, escritas por Marta Pérez e Silvia Penas. Trátase de pequenas pezas literarias que versan sobre a violencia machista, inspiradas nas fábulas de Esopo. Estas acompañarán á nosa nova produción Sofía e as Postsocráticas. Hoxe temos a primeira historia das moitas que poderedes ver ao longo dos seguintes días. Da man do grandísimo Morris comezamos. Podedes seguir as nosas fábulas no noso facebook: https://www.facebook.com/inversateatro/

Cada día ata principios de novembro poderemos ler unha fábula diferente protagonizada por un/unha dos/das nosos/as actrices/actores do noso panorama escénico e audivisual.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade no que poidamos facer o cálculo do que é ou o que non é violencia machista. Xunto coas personaxes e mediante o emprego de máscaras, a dramaturxia conta tamén con elementos audiovisuais e sonoros que axudarán na reflexión de cal é a nosa responsabilidade como sociedade ante este tema. O pacto patriarcal, o silencio como resposta, o valor ontolóxico, o victim blaming (culpabilizar á vítima), a negación ou o síndrome espectador son os fíos argumentais polos que transitan as nosas personaxes.

<iframe src=”https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Finversateatro%2Fposts%2F2138502552840472&width=500″ width=”500″ height=”758″ style=”border:none;overflow:hidden” scrolling=”no” frameborder=”0″ allowTransparency=”true” allow=”encrypted-media”></iframe>

Fábula Os Dous Esquíos:

Os Dous Esquíos

Un esquío vermello vivía nunha frondosa sequoia dun tamén frondoso bosque. Era feliz,
pero sentíase moi só.
Un día chegou ao piñeiro contiguo un esquío tamén encarnado. O esquío vermello recibiu con moito agarimo ao novo compañeiro e fixéronse amigos deseguida.
Axudábanse e comentaban os quefaceres diarios, pero o novo veciño case sempre poñía algunha pega ao que facía o seu hospitalario amigo.
O primeiro día que foron comer xuntos díxolle que lle molestaba o ruído que producía ao roer.
Entón o esquío, que quería agradar o seu novo amigo, tratou de roer máis devagariño ou comer en soidade
Ao segundo día ,mentres gabeaban a un penedo, o novo esquío comentoulle con abraio que nunca vira un esquío coas orellas tan curtas coma el.
Entón o esquío da sequoia, estivo toda a noite, pendurado polas orellas dunha póla para estiralas.
O cuarto día o esquío do piñeiro acusouno de non traballar o suficiente e chamoulle langrán.
E o seu amigo, avergoñado, comezou a madrugar e e xuntar piñas e noces e deitábase moi tarde e moi esgotado.
O terceiro día, o esquío do piñeiro confesoulle que os seus dentes parecíanlle feos e tortos e a súa conversa estúpida.
E o esquío da sequoia foi ficando cada vez máis calado.
O quinto día chamoulle ridículo na festa da primavera diante dos demais animais.
E o esquío decidiu non ir máis á festa da primavera nin a ningunha festa.
E un día baixaba a sequoia o esquío e o seu veciño non lle dixo nada pero mirouno fite a fite e riu burlonamente.
O esquío volveu subir á sequoia e non baixou nunca máis.

“A violencia psicolóxica é un arma que mata”

FOTO de Ángel Sousa – Ampersand Fotografía

Un comentario

  • e-commerce

    Wow, awesome weblog layout! How long have you
    ever been running a blog for? you make blogging look easy.

    The entire glance of your site is fantastic, as well as
    the content material! You can see similar here e-commerce

Deixe unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *