Author Archives: marta

Kamouraska no Salón Teatro de Santiago de Compostela despois de pasar por Colombia, Venezuela, México e Brasil

  INVERSA TEATRO VOLTA A GALICIA CON KAMOURASKA DESPOIS DE PASAR POR BRASIL, COLOMBIA, MÉXICO E VENEZUELA. A representación será o 1 de Xuño ás 20:30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Poderase ver esta montaxe en Galicia  despois do seu paso por Colombia, Venezuela, México e Brasil A compañía Inversa Teatro presenta [...]

Inversa inicia en abril a súa xira por Venezuela, México e Colombia.

      INVERSA TEATRO INICIA EN ABRIL UNHA XIRA POR VENEZUELA, MÉXICO E COLOMBIA COA PEZA KAMOURASKA A xira realizarase entre os días 2 de Abril e 2 de Maio. Percorrerán diferentes Festivais e cidades  como o Festival Gran Caribe en Cartagena de Indias, o Festival Somos Más de Caracas e o Teatro Experimental de Jalisco. [...]

Inversa participa no novo número da Revista Galega de Teatro

Inversa Teatro participa no número 73 da Revista Galega de Teatro que acaba de saír á rúa, co artigo «Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia» escrito por Marta Pérez e Vanesa Sotelo. Este artigo é o resultado do convite recibido para participar no XVI Encontro de [...]

Vive o nadal á Inversa

Inversa Adxetivo: Alterada, transtornada, oposta, contraria, invertida, inalterable. Este nadal altérate, transtórnate, oponte, contráriate, invírtete, inaltérate!! Grazas por estar aí porque me dades a constante alegría de saber que existo. O meu mellor sorriso para vós nestas festas e no 2013! Festa, saúde, amor e teatro!! Marta. «La esperanza es el sueño del hombre despierto.» [...]

Inversa Teatro no Culturgal

Inversa Teatro estará presente na Feira Galega das Industrias Culturais 2012- Culturgal- este venres 30 de Novembro ás 20:00 horas no espacio do «Patio» do Pazo de Cultura de Pontevedra presentando o seu taller Kamouraska: Un lugar para crear. Este taller é parte dos realizados pola compañía na xira que este ano fixo por Colombia [...]

Horarios do curso Arte, Natureza e Teatro con Inversa Teatro

Horarios, inscripcións e honorarios do curso Arte, Natureza e Teatro con Inversa Teatro os días 24 e 25 de Novembro do 2012 no Castelo de Soutomaior Imparte o Curso: Marta Pérez & María Caparrini. Honorarios: 20 € por persoa. Estes honorarios non inclúen as comidas nin as durmidas. A organización pode propor un lugar barato [...]

Inversa realiza o curso Arte, Natureza e Teatro

Inversa Teatro impartirá o curso Arte, natureza e teatro que se realizará os días 24 e 25 de Novembro no Castelo de Soutomaior, encadrado dentro dos cursos de Arte e Natureza que o Grupo Arou ven organizando desde hai dez anos por toda Galicia. Os cursos están orientados en xeral a creadoras e creadores e nel [...]

Inversa no XVI encontro de Mulleres de Iberoamérica nas Artes Escénicas no FIT de Cádiz

Marta Pérez e Vanesa Sotelo foron convidadas a participar neste encontro de mulleres dentro do Festival Iberoaméricano de Teatro de Cádiz, onde puideron presentar un pequeno fragmento interpretativo da peza Expostas, ademáis da ponencia que leva por título «Tomar las riendas y crear a la Inversa. Una perspectiva feminista de la creación teatral en Galicia« [...]

Inversa Teatro na V edición do FITO de Ourense (Festival Internacional de Teatro de Ourense)

Inversa Teatro estará presente nesta nova edición do Fito de Ourense que se realizará entre o 5 e o 20 de Outubro deste 2012. A peza que levará a escena Inversa Teatro será Kamouraska e a presentación realizarase o próximo 17 de Outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense. Posteriormente a esta actuación, [...]