Comeza a xira de Inversa Teatro

Inversa Teatro comeza a súa xira por diferentes teatros e espazos de Galicia, España, Portugal e Colombia. Faino coas dúas pezas que agora mesmo tén en cartel: Fémina Sapiens e Té con Kant.

Aquí podedes ver cales son os espazos que percorreremos desde febreiro ata maio. Esperamos poder ofrecervos máis datas en breve.

02/05 :: FÉMINA SAPIENS :: 34º FAZER A FESTA. Festival Internacional de Teatro. Porto. Portugal. 20-30/04 :: TÉ CON KANT :: IX Festival Internacional ENITBAR. Barranquilla. Colombia. 16/04 :: TÉ CON KANT :: IES Politécnico. Vigo 15/04 :: TÉ CON KANT ::... Ler máis »

Té con Kant en Pontevedra e A Coruña

Chega Té con Kant, escrita e dirixida por María Caparrini e Marta Pérez e interpretada por María Roja e Marta Pérez a Pontevedra e Coruña. A cita será o venres 4 de Outubro no Liceo Mutante de Pontevedra ás 20:30 horas e o sábado 5 de Outubro en Extramuros-A Coruña ás 21 horas. O prezo da entrada é de 5 euros. Para acceder é preciso dar un contrasinal que se dará ó público cando merquen a entrada ou cando se realice a reseva. Esperamos vervos por alí! Desde Prusia con amor! Guten Tag!!


Xira do 22 de Xullo ó 17 de Agosto en Colombia

A xira de Kamouraska que Inversa Teatro fará por Colombia xa está pechada. Marcharemos o 22 de Xullo e voltamos o 17 de Agosto; así que estaremos preto dun mes no país Colombiano e as datas e lugares onde actuaremos van a continuación: 24 de Xullo- Taller do Proceso de Creación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá. 25 de Xullo- Representación de Kamouraska no Teatro Cádiz de Bogotá. Do 27 ao 6 de Agosto- Festival Santander en Escena de Bucaramanga: 31 de Xullo- Auditorio Luis A.Calvo de la Universidad Industrial de Santander. 3 de Agosto- Teatro de Florida Blanca.... Ler máis »