Té con Kant en Barcelona

INVERSA TEATRO VIAXA A BARCELONA CON TÉ CON KANT

A presentación da peza será os días 3 e 4 de marzo na Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora.

Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este martes 3 e mércores 4 de marzo en distintas facultades da Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. En concreto, o día 3 a obra será representada na Aula Magna da Facultade de Filosofía, Xeografía e Historia e o día 4 poderase ver na Aula Capella, no edificio histórico da Facultade de Filología e Matemáticas. Ambas obras serán ás 12:00 horas da mañá.

A colaboración coas Universidades reafirma o carácter marcadamenete filosófico que posúe a peza, abrindo novos camiños para a exhibición da mesma, pois Té con Kant xa estivo presente en diferentes Congresos estatais, como o I Congreso Internacional de Filosofía que organiza a REF (Red Española de Filosofía) ou o Congreso Internacional de la Didáctica de la Filosofía en Madrid ou o seu paso recente durante a Olímpiada Filosófica de Galicia, celebrada en Santiago o xoves 26 de febrero deste 2015.

A compañía galega amosa esta obra despois de estar presente recentemente coa mesma en  diferentes espazos, teatros e Festivais en Galicia, España e Portugal durante este ano e o anterior.

PREMIO MARUXA VILLANUEVA

Do mesmo xeito, Té con Kant é a peza pola que Marta Pérez, a directora da Cía, acaba de recibir o XIV Premio Teatral Maruxa Villanueva que otorga o Concello de Padrón, convertíndose así en gañadora desta edición 2014.

 

XIRA INVERSA TEATRO

FÉMINA SAPIENS

Ao volver de Barcelona, a Cía. presentará a súa outra peza Fémina Sapiens os días 6 e 7 de marzo na Sala Ingrávida de Porriño, dentro da Rede Galega de Salas. Peza coa que a Cía acaba de visitar o II Festival Internacional Mujeres en Escena en New York.

Ambas pezas poderán volverse ver de novo en distintos espazos en Galicia, España, Portugal e Colombia.

02/05 :: FÉMINA SAPIENS :: 34º FAZER A FESTA. Festival Internacional de Teatro. Porto. Portugal.

20-30/04 :: TÉ CON KANT :: IX Festival Internacional ENITBAR. Barranquilla. Colombia.

16/04 :: TÉ CON KANT :: IES Politécnico. Vigo

15/04 :: TÉ CON KANT :: IES Antón Fraguas. Santiago de Compostela.

09/04 :: TÉ CON KANT :: Casa da Cultura. Ordes.

28/03  :: TÉ CON KANT :: Auditorio Gustavo Freire. Rede Galega de Teatros e Auditorios. Lugo

27/03 :: FÉMINA SAPIENS :: Mostra Olladas Teatrais. Sala Gurugú. A Coruña

17/03  :: TÉ CON KANT :: Salón de Actos Margarita Salas. Majadahonda (función dobre). Madrid.

07/03 :: FÉMINA SAPIENS :: Sala Ingrávida. Rede Galega de Salas. Porriño

06/03 :: FÉMINA SAPIENS :: Sala Ingrávida. Rede Galega de Salas. Porriño

04/03  :: TÉ CON KANT :: Universitat de Barcelona. Barcelona

03/03  :: TÉ CON KANT :: Universitat de Barcelona. Barcelona

27/02  :: TÉ CON KANT :: Capela Torrente Ballester (función dobre). Ferrol.

26/02  :: TÉ CON KANT :: Olimpiada Galega de Filosofía. Santiago de Compostela.

23/02  :: TÉ CON KANT :: Auditorio Multiusos da Xunqueira. Redondela.

26/01 :: TÉ CON KANT :: IES Lucus Augusti. Lugo

 

  1. Alex B.

    Sehr geehrte Damen, os he visto esta mañana en la Universidad de Barcelona (…he leído el sobre “A”…) y quería felicitaros por un espectáculo estimulante, instructivo y francamente divertido. ¡Ojalá todas las clases fueran así!

  2. admin

    Hola Álex!
    Muchísimas gracias por tu respuesta! Nos alegra mucho que te haya gustado! Ojalá que pronto nos vuelvas a ver por tu bonita ciudad! Un abrazo de estas prusianas! :)

Comments are closed.