Kamouraska

Sinopse

Entre o encerro e o refuxio. Kamouraska é un lugar mental no que as súas tres habitantes (entre humanas e caninas) teñen a posibilidade de reinventar un universo con regras propias no que o xogo é rirse da infelicidade para ser feliz.

O desequilibrio entre a necesidade e a imposibilidade de amar, de pertencer a un lugar e de soñar dá pé a un espectáculo de corte contemporáneo e carácter asociativo que busca a risa como vía de escape ante o violento acto de existir.

Pensada como unha comedia cruel dentro dunha traxedia subterránea, Kamouraska ofrece once embates percorridos de excentricidade, elementos grotescos e desenfadados que desembocan nun cambio de pel das actrices en escena.

Dossier de Kamouraska
Dossier de Prensa Kamouraska