Xornadas sobre Dramaturxia Galega

A directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, estará participando nestas Xornadas na mesa Mulleres na Dramaturxia. Velaquí toda a información extraída da web de DRAMATURGA. Asociación Galega de Dramaturxia:

Froito da colaboración entre o Centro Dramático Galego e a Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, é un pracer presentarvos a primeira iniciativa pública fraguada nos estaleiros da nosa incipiente asociación. Na procura de novos discursos e novos horizontes, empeñámonos na realización das primeiras Xornadas sobre Dramaturxia Galega, de espírito aberto e cooperativo, baixo o rótulo de Dramaturxente. É chegado o momento de mapear o territorio da creación dramática no... Ler máis »


Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

II ENCONTRO MULLERES CREANDO DO FITO DE OURENSE

Este encontro, desenvolverase os días 14, 15 e 16 de outubro na cidade de Ourense e ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Este ano, o Encontro centrarase na danza. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das... Ler máis »


Té con Kant no Festival Mucho Más Mayo en Cartagena

Té con kant estará presente na nova Edición do Festival Mucho Más Mayo en Cartagena (Murcia). Un festival de Arte Emerxente onde estaremos con xente de Italia, Marruecos, Noruega, Reino Unido ou Siria, entre outros artistas estatais. Non podiamos ter mellor convite neste día Internacional da Clase Traballadora!! Alá van Johanna e Theodora a representar a Prusia en Murcia!!

A representación será o día 24 de Maio ás 20:oo horas no Salón Multiusos do Casino Cultural de Cartagena, na Rúa Mayor. nº 15. O acto preséntase dentro do programa municipal Cartagena Pìensa.

Aquí tendes... Ler máis »


Té con Kant en Vigo, Lalín e Carballiño

Seguimos traballando en novos proxectos, mentres tanto, este mércores día 6 de abril no IES Politécnico de Vigo, o martes 12 de abril no Auditorio Municipal de Lalín, o venres 22 de novo en Vigo e o 27 de abril no Auditorio Municipal de O Carballiño, podedes seguir desfrutando destas dúas prusianas de Té con Kant.


Novos Proxectos en Inversa Teatro.

Inversa Teatro está preparando novos proxectos que levar á escena neste 2016, mentres tanto, repetimos este mércores 18 con Té con Kant no Teatro Principal de Santiago de Compostela e o 6 de abril coa mesma peza na cidade de Vigo.    

Reportaxe sobre Marta Pérez

En Inversa temos unha nova reportaxe sobre Marta Pérez, a fundadora e directora da Compañía, que queremos compartir con tod@s vós.

Nesta ocasión foi para o xornal La Región e está firmado por Chito Rivas.

Esperamos que vos interese.

http://www.laregion.es/articulo/ourense/taboa-na-representan-sonos/20160116165236593497.html

A táboa na que se representan os soños

Agora sígolle tendo medo... a non esquecer nunca máis a actuación de Marta Pérez na Casa da Cultura de Barbadás

Cando nas vilas pequenas vemos algún cartel anunciando obras de teatro ou simplemente teatro, pensamos que serán representacións de compañías que, practicamente, empezan,... Ler máis »


Té con Kant en Vigo

Té con Kant chega a Vigo e representará catro funcións (unha para público xeral e tres para institutos) no Auditorio Municipal de Vigo, a través da Concellería de Igualdade de Vigo.

As funcións serán o día mércores 9 ás 21 horas para público xeral, e os días 11, 14 e 15 para institutos ás 10 da mañá.

A entrada do día 9 é libre e gratuíta ata completar aforo.

 Produción Xira: Martiño Guitián Rodríguez

Fémina Sapiens en Ourense e Pontevedra

Seguimos coa nosa xira e deste vez presentamos a peza Fémina Sapiens o día 20 de novembro no Auditorio Municipal de Barbadás- Ourense e o día 26 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra. Ambas representacións fanse con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. En breve, máis datas! Fémina Sapiens é un “sólo” teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis... Ler máis »

Té con Kant en Santiago de Compostela

Despois das funcións desta semana en Padrón e en Ribeira, chegaremos o día 18 ás 19 horas á facultade de Filosofía de Santiago de Compostela para representar Té con Kant como actividade principal da Semana Internacional de Filosofía. Moitas grazas pola acollida a esta peza e polo premio Maruxa Villanueva do que se fai eco o programa ZigZag da TVG! Desde Prusia con Amor!

Despois seguiremos coa Xira de outono representando Fémina Sapiens o día 20 en Barbadás- Ourense e o 26 en Pontevedra.

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/te-con-kant-de-inversa-teatro-en-xira Produción xira novembro: Martiño Guitián Rodríguez