Fémina Sapiens en Ourense e Pontevedra

Despois das funcións desta semana en Padrón e en Ribeira, chegaremos o día 18 ás 19 horas á facultade de Filosofía de Santiago de Compostela para representar Té con Kant como actividade principal da Semana Internacional de Filosofía. Moitas grazas pola acollida a esta peza e polo premio Maruxa Villanueva do que se fai eco o programa ZigZag da TVG! Desde Prusia con Amor!
Despois seguiremos coa Xira de outono representando Fémina Sapiens o día 20 en Barbadás- Ourense e o 26 en Pontevedra.
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/te-con-kant-de-inversa-teatro-en-xira Produción xira novembro: Martiño Guitián RodríguezE despois do noso Encontro Mulleres Creando, Marta Pérez participa xunto con Clara Gayo, o día 16 de Outubro ás 19:30 horas no Charentón no X Ciclo de mesas redondas "Escritoræs na Universidade", que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo co patrocinio da Secretaria xeral de Política Lingüística. Un pracer, grazas ao compromiso literario e cultural de Rexina Vega. E antes ca nós Rosa Enríquez e Teresa Moure en poesía e Juan Tallón e Manuel Darriba en Narrativa. E inda máis!!! Disque despois... Ler máis »
Marta Pérez coordina o Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este encontro, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de outubro na cidade de Ourense ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en... Ler máis »
A peza Té con Kant foi merecedora do premio do público Coiro de Pita, que celebra a Sala Ingrávida do Porriño. O acto tivo no lugar na propia Sala Ingrávida o domingo 26 de xullo, no que estaban os representantes dos outros espectáculos nomeados: Hámster de Triatreros, 30 e tantos ósos de Aporía Escénica e Avestruz en Terra Allea de Berrobambám. Tamén se puido ver antes da entrega do premio, o espectáculo O Asombro de Fantoches Baj.
Os encargados de entregar o premio foron os seus "madriños" Tatán e Mariana Carballal. O premio consistiu nunha estatuíña... Ler máis »
A peza teatral Té con Kant chega á súa función número 50 na 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e faino despois de ter pasado por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado.
Celebraremos esta función o día 24 de xullo ás 20:00 horas no Rectoral de Santo André, dentro do SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)
Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un... Ler máis »
As nosas prusianas Johanna Gottfried e Theodora Krauss, as personaxes da peza Té con Kant, estarán presentando o próximo 7 de xuño a Gala de Clausura do IV Festival Primavera do Cine de Vigo, que este ano quere rendir homenaxe á profesión teatral ademáis de realizar unha apertura ao audivisual lusófono.
A cita será ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Aquí poderás atopar toda a información sobre este Festival:
http://www.primaveradocine.com/
Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por falta de efectivo. Noutras palabras, pártese da cuestión sobre os vínculos entre razón e ética –e as... Ler máis »