Expostas

SINOPSE

Que lle diría a unha muller que afoga?

Que lle diría a unha muller que di que quere ser Suíza?

Que lle diría a alguén que acaba de perder ao seu mozo pola súa culpa? Que lle diría a un home que soña que pare gatos?

Que lle diría a unha muller que di que chega do futuro? 

Que sucede cando estamos constantemente expostas ante a ollada do outro? Incoherencias, debilidades, carencias, miserias, desexos…

 Miramos, precisamos ser miradas, expoñémonos ante a mirada allea que nos devora… xúlganos… desdebúxanos…. ou quizáis, xa estamos desdebuxadas.

Expostas é unha obra que abarca os límites da normalidade imposta e comparte algunhas desas rarezas que nos fan humanas.

Violencia gratuíta, humillacións públicas, mulleres espidas, malleiras, un paiaso fumigador, todo… por un módico prezo.



Dossier e Ficha Artística de Expostas

Web da Obra