Marta Pérez gaña o II Premio de Dramaturxia Breve a Pipa de Becerreá

Marta Pérez gaña o II Premio de dramaturxia breve no XXV Certame Literario da Pipa de Becerreá, coa peza titulada CATIÚSCAS. O Primeiro premio foi para Iria Acevedo, coa obra "Envasadas ao Baleiro" e o accésit recaeu en Jose F. Castillo Allen coa obra "Ara e Ira".

O Xurado para a modalidade de DRAMATURXIA BREVE estivo formado por: INMA LÓPEZ SILVA. Escritora. Crítica Teatral. Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro. Doutora en Filoloxía. Profesora da ESAD de Galicia. ROBERTO PASCUAL. Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Membro do Equipo de... Ler máis »


Té con Kant gana o Premio do público Coiro de Pita

A peza Té con Kant foi merecedora do premio do público Coiro de Pita, que celebra a Sala Ingrávida do Porriño. O acto tivo no lugar na propia Sala Ingrávida o domingo 26 de xullo, no que estaban os representantes dos outros espectáculos nomeados: Hámster de Triatreros, 30 e tantos ósos de Aporía Escénica e Avestruz en Terra Allea de Berrobambám. Tamén se puido ver antes da entrega do premio, o espectáculo O Asombro de Fantoches Baj.

Os encargados de entregar o premio foron os seus "madriños" Tatán e Mariana Carballal. O premio consistiu nunha estatuíña... Ler máis »


Marta Pérez gaña o Premio Maruxa Villanueva

Fonte, a Voz de Galicia:

"O Concello de Padrón fallou onte o XIV Premio Teatral Maruxa Villanueva a favor de Marta Pérez pola súa interpretación en Té con Kant, da compañía Inversa Teatro, converténdoa así en gañadora da edición 2014.O xurado do certame valorou a «conxugación do didactismo co carácter lúdico», así como a igualdade como dereito e aspiración», que quedan plasmados na mencionada obra. Tamén destacou tamén o traballo de Marta Pérez á fronte de Inversa Teatro, indicando que «amosa unha capacidade de innovación na produción, con crecente proxección dentro e fóra de Galicia, que se transmite... Ler máis »


Inversa Teatro participa no último número da Revista Galega de Teatro.

Inversa Teatro colabora nun artigo sobre a distribución das Artes Escénicas en Galicia no número 69 da Revista Galega de Teatro.

A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves.

Dentro das diferentes seccións deste número... Ler máis »