Xornadas sobre Dramaturxia Galega

A directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, estará participando nestas Xornadas na mesa Mulleres na Dramaturxia. Velaquí toda a información extraída da web de DRAMATURGA. Asociación Galega de Dramaturxia:

Froito da colaboración entre o Centro Dramático Galego e a Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, é un pracer presentarvos a primeira iniciativa pública fraguada nos estaleiros da nosa incipiente asociación. Na procura de novos discursos e novos horizontes, empeñámonos na realización das primeiras Xornadas sobre Dramaturxia Galega, de espírito aberto e cooperativo, baixo o rótulo de Dramaturxente. É chegado o momento de mapear o territorio da creación dramática no... Ler máis »


Ciclo Mesas Redondas da Asociación de Escritores en Lingua Galega

E despois do noso Encontro Mulleres Creando, Marta Pérez participa xunto con Clara Gayo, o día 16 de Outubro ás 19:30 horas no Charentón no X Ciclo de mesas redondas "Escritoræs na Universidade", que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo co patrocinio da Secretaria xeral de Política Lingüística. Un pracer, grazas ao compromiso literario e cultural de Rexina Vega. E antes ca nós Rosa Enríquez e Teresa Moure en poesía e Juan Tallón e Manuel Darriba en Narrativa. E inda máis!!! Disque despois... Ler máis »


Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

Marta Pérez coordina o Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este encontro, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de outubro na cidade de Ourense ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en... Ler máis »


Inversa participa na Santa Bolaña.

Inversa estará este sábado 21 de Decembro polas rúas de Compostela con esta curiosa procesión da Santa Bolaña. Marta Pérez estará a cargo da peza Pressing Catch de Paula Carballeira no bar As Dúas. A "Procesión da Santa Bolaña” regresa ás rúas e tabernas de Santiago DC para celebrar un ano máis o seu ritual de viño, festa eteatro no solsticio de inverno. A procesión vaise realizar o vindeiro sábado dia 21 de Decembro, e facendo fe de puro paganismo, como xa é tradición, recorrerá as rúas de Compostela entre cánticos e ladaíñas profanas facendo parada e via crucis dramático... Ler máis »