Té con Kant e Fémina Sapiens en Ribeira, Asturias e Santiago de Compostela

Inversa Teatro volve coas obras que ten cartel: Fémina Sapiens e Té con Kant. Nesta ocasión recalamos no Auditorio Municipal de Ribeira o día 23 de novembro, para acto seguido, actúar en Tapia de Casariego (Asturias) o día 4 de decembro e rematamos en Santiago de Compostela onde presentamos seis funcións en total das dúas montaxes os días 14, 15, 16 e 17 de decembro no Salón Teatro.

Tes máis información e horarios no link do calendario desta páxina.


Últimas novas: Paper Dolls seleccionada na Mostra das Artes Escénicas de Galicia

Inversa Teatro foi seleccionada para amosar un showcase na Mostra das Artes Escénicas de Galicia. O acto terá lugar o día 17 de Outubro ás 22h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta de unha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza teatral que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación... Ler máis »