Té con Kant en Santiago de Compostela

Despois das funcións desta semana en Padrón e en Ribeira, chegaremos o día 18 ás 19 horas á facultade de Filosofía de Santiago de Compostela para representar Té con Kant como actividade principal da Semana Internacional de Filosofía. Moitas grazas pola acollida a esta peza e polo premio Maruxa Villanueva do que se fai eco o programa ZigZag da TVG! Desde Prusia con Amor!

Despois seguiremos coa Xira de outono representando Fémina Sapiens o día 20 en Barbadás- Ourense e o 26 en Pontevedra.

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/te-con-kant-de-inversa-teatro-en-xira Produción xira novembro: Martiño Guitián Rodríguez

Té con Kant viaxa a Valencia

INVERSA TEATRO VIAXA A VALENCIA CON TÉ CON KANT

A presentación da peza será o día 4 de setembro na Sala Matilde Salvador dentro do Marco do I Congreso Internacional de Filosofía

Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este xoves 4 de setembro na Sala Matilde Salvador de Valencia ás 20:30 horas. A peza represéntase dentro do marco do I Congreso Internacional de Filosofía que organiza a Red Española de Filosofía (REF), co título Los Retos de la Filosofía en el S. XXI que se celebra nesta capital desde o día 3... Ler máis »