Volve Kamouraska a Santiago de Compostela

INVERSA TEATRO PRESENTA KAMOURASKA EN COMPOSTELA

As representacións serán o 3  e o 4 de Marzo ás 21.00 horas na Sala Santart

 A compañía Inversa Teatro presenta na Sala Santart a peza Kamouraska. Dirixida por Vanesa Sotelo e interpretado polas actrices Beatriz Campos, María Caparrini e Marta Pérez, Kamouraska poderá verse o sábado 3 e domingo 4 de Marzo ás 21.00 horas. Kamouraska é un lugar mental no que as súas tres habitantes (entre humanas e caninas) teñen a posibilidade de reinventar un universo con regras propias no que o xogo é rirse da infelicidade para ser feliz.... Ler máis »

Inversa Teatro participa no último número da Revista Galega de Teatro.

Inversa Teatro colabora nun artigo sobre a distribución das Artes Escénicas en Galicia no número 69 da Revista Galega de Teatro.

A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves.

Dentro das diferentes seccións deste número... Ler máis »

Novas funcións de Inversa Teatro

PAPER DOLLS:

17  e 18 de Febreiro do 2012- Salón Teatro de Santiago de Compostela         KAMOURASKA: 3 e 4 de Marzo do 2012- Sala Santart en Santiago de Compostela ás 21h. 23, 24 e 25 de Marzo do 2012- Sala Arte Livre de Vigo ás 21:00 h. (Sábado 24 ás 21:30h)

KAMOURASKA en Santiago de Compostela

Este xoves 27 e venres 28 de Outubro Inversa Teatro representa ás 21 horas KAMOURASKA na Sala Arteria Noroeste de Santiago de Compostela. O prezo das entradas é de 8 €. Kamouraska é unha proposta escénica de corte contemporáneo e carácter asociativo que explora as claves do posdrama e elementos de creación colectiva. Está escrita e dirixida por Vanesa Sotelo e conta co traballo das actrices Bea Campos, María Caparrini e Marta Pérez. O proxecto experimental nace a partir da peza Lle langue-à-langue deas chiens de roche do autor quebequés Daniel Danis e a intención de transformala en posdrama. Con... Ler máis »

Últimas novas: Paper Dolls seleccionada na Mostra das Artes Escénicas de Galicia

Inversa Teatro foi seleccionada para amosar un showcase na Mostra das Artes Escénicas de Galicia. O acto terá lugar o día 17 de Outubro ás 22h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela Paper Dolls é un proxecto peculiar e experimental que consta de unha obra de teatro + un documental sobre o propio proceso de creación da peza teatral que sempre acompaña ás representacións. A obra está dirixida por Lola Correa e conta coas actrices Vanesa Sotelo e Marta Pérez. O documental tén como director a Manu Paz e nel ponse de manifesto como é un proceso de creación... Ler máis »