Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

Marta Pérez coordina o Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este encontro, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de outubro na cidade de Ourense ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en... Ler máis »


Inversa volta ó Encontro de Mulleres do FIT de Cádiz.

Un ano máis, Inversa Teatro volve ser convidada ó XVII Encuentro de Mujeres de Iberoamérica en las Artes Escénicas dentro do Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz (FIT) que se desenvolve entre o 18 e o 20 de Outubro.

Nesta ocasión Inversa participará cunha demo de Té con Kant, escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, o novo espectáculo da Compañía, o sábado ás 13:15 horas no Centro Integral de la Mujer. Plaza del Palillero- Cádiz.