Xornadas sobre Dramaturxia Galega

A directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, estará participando nestas Xornadas na mesa Mulleres na Dramaturxia. Velaquí toda a información extraída da web de DRAMATURGA. Asociación Galega de Dramaturxia:

Froito da colaboración entre o Centro Dramático Galego e a Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, é un pracer presentarvos a primeira iniciativa pública fraguada nos estaleiros da nosa incipiente asociación. Na procura de novos discursos e novos horizontes, empeñámonos na realización das primeiras Xornadas sobre Dramaturxia Galega, de espírito aberto e cooperativo, baixo o rótulo de Dramaturxente. É chegado o momento de mapear o territorio da creación dramática no... Ler máis »


Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

II ENCONTRO MULLERES CREANDO DO FITO DE OURENSE

Este encontro, desenvolverase os días 14, 15 e 16 de outubro na cidade de Ourense e ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Este ano, o Encontro centrarase na danza. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das... Ler máis »


Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO de Ourense

Marta Pérez coordina o Encontro Mulleres Creando: I Encontro de Mulleres Creadoras no FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Este encontro, que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de outubro na cidade de Ourense ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en... Ler máis »