Novos Proxectos en Inversa Teatro.

Inversa Teatro está preparando novos proxectos que levar á escena neste 2016, mentres tanto, repetimos este mércores 18 con Té con Kant no Teatro Principal de Santiago de Compostela e o 6 de abril coa mesma peza na cidade de Vigo.    

Té con Kant en Vigo

Té con Kant chega a Vigo e representará catro funcións (unha para público xeral e tres para institutos) no Auditorio Municipal de Vigo, a través da Concellería de Igualdade de Vigo.

As funcións serán o día mércores 9 ás 21 horas para público xeral, e os días 11, 14 e 15 para institutos ás 10 da mañá.

A entrada do día 9 é libre e gratuíta ata completar aforo.

 Produción Xira: Martiño Guitián Rodríguez

Té con Kant en Santiago de Compostela

Despois das funcións desta semana en Padrón e en Ribeira, chegaremos o día 18 ás 19 horas á facultade de Filosofía de Santiago de Compostela para representar Té con Kant como actividade principal da Semana Internacional de Filosofía. Moitas grazas pola acollida a esta peza e polo premio Maruxa Villanueva do que se fai eco o programa ZigZag da TVG! Desde Prusia con Amor!

Despois seguiremos coa Xira de outono representando Fémina Sapiens o día 20 en Barbadás- Ourense e o 26 en Pontevedra.

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/te-con-kant-de-inversa-teatro-en-xira Produción xira novembro: Martiño Guitián Rodríguez

Marta Pérez recolle o Premio Maruxa Villanueva

Fonte La Voz de Galicia: "La actriz Marta Pérez recogió ayer en Padrón el Premio de Teatro Maruxa Villanueva, que convoca el Concello. El jurado valoró su papel en la obra Té con Kant, que se representó en el auditorio padronés, además del trabajo de la creadora escénica al frente de la compañía Inversa Teatro, que «amosa unha capacidade de innovación na produción»." http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2015/11/08/actriz-marta-perez-recoge-premio-teatro-padron/0003_201511S8C8995.htm Produción xira novembro: Martiño Guitián Rodríguez

Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña

A peza teatral Té con Kant chega ao XV Festival Manicómicos da Coruña, e faino despois de ter celebrado a súa función número 50 na pasada 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e de ter pasado tamén por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado. A función será o día 14 de agosto ás 22 horas no Castelo de San Antón. Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un proxecto... Ler máis »

Té con Kant gana o Premio do público Coiro de Pita

A peza Té con Kant foi merecedora do premio do público Coiro de Pita, que celebra a Sala Ingrávida do Porriño. O acto tivo no lugar na propia Sala Ingrávida o domingo 26 de xullo, no que estaban os representantes dos outros espectáculos nomeados: Hámster de Triatreros, 30 e tantos ósos de Aporía Escénica e Avestruz en Terra Allea de Berrobambám. Tamén se puido ver antes da entrega do premio, o espectáculo O Asombro de Fantoches Baj.

Os encargados de entregar o premio foron os seus "madriños" Tatán e Mariana Carballal. O premio consistiu nunha estatuíña... Ler máis »


Té con Kant chega á súa función número 50 na MIT de Ribadavia

A peza teatral Té con Kant chega á súa función número 50 na 31ª Edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e faino despois de ter pasado por diferentes teatros e festivais en Galicia, Portugal, Colombia e no resto do estado.

Celebraremos esta función o día 24 de xullo ás 20:00 horas no Rectoral de Santo André, dentro do SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un... Ler máis »


Inversa presenta a Gala de Clausura do Festival Primavera do Cine de Vigo

As nosas prusianas Johanna Gottfried e Theodora Krauss, as personaxes da peza Té con Kant, estarán presentando o próximo 7 de xuño a Gala de Clausura do IV Festival Primavera do Cine de Vigo, que este ano quere rendir homenaxe á profesión teatral ademáis de realizar unha apertura ao audivisual lusófono.

A cita será ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Aquí poderás atopar toda a información sobre este Festival:

http://www.primaveradocine.com/


Té con Kant en Barcelona

INVERSA TEATRO VIAXA A BARCELONA CON TÉ CON KANT

A presentación da peza será os días 3 e 4 de marzo na Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora.

Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este martes 3 e mércores 4 de marzo en distintas facultades da Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. En concreto, o día 3 a obra será representada na Aula Magna da Facultade de Filosofía, Xeografía e Historia e o día 4 poderase ver na... Ler máis »