Inversa volve a Colombia

   

INVERSA TEATRO CHEGA DE NOVO A COLOMBIA CON FÉMINA SAPIENS E TÉ CON KANT

As presentacións das pezas serán  no marco do VIII Encuentro Internacional de Teatro de Barranquilla (ENITBAR) que se desenvolve desde o 21 de Abril ata o 2 de Maio.

Inversa Teatro presenta a súas novas montaxes no Festival ENITBAR en Colombia: Fémina Sapiens e Té con Kant. A compañía realiza así a súa cuarta xira a Latinoamérica e visita por terceiro... Ler máis »


Té con Kant en Santiago de Compostela

 

INVERSA TEATRO PRESENTA O ESPECTÁCULO TÉ CON KANT EN  SANTIAGO DE COMPOSTELA.

As presentacións da peza serán este xoves 6, venres 7, sábado 8 e domingo 9 na Zona C de Santiago de Compostela.

 

A compañía Inversa Teatro presenta  a peza de teatro íntimo Té con Kant. A obra está escrita e dirixida  por María Caparrini e Marta Pérez  e interpretada por María Roja e Marta Pérez. A peza... Ler máis »


Té con Kant en Cee, Santiago de Compostela e Vigo.

O novo espectáculo de Inversa Teatro, Té con Kant, escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez, estará os días 22, 23 e 24 de Novembro en Cee, Santiago de Compostela e Vigo, respectivamente.

Cee: Venres 22- pola mañá no IES Fernando Blanco. Ás 20:30 horas na Universidade Cromática das Virtudes.

Santiago de Compostela: Sábado 23 ás 20:30 horas en Vilamincha (Rúa Fontiñas nº 27).

Vigo: Domingo 24 ás 20 horas na Asociación Cultural Bou Eva (Rúa Tercio de Afora 11- Barrio de... Ler máis »


Inversa volta ó Encontro de Mulleres do FIT de Cádiz.

Un ano máis, Inversa Teatro volve ser convidada ó XVII Encuentro de Mujeres de Iberoamérica en las Artes Escénicas dentro do Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz (FIT) que se desenvolve entre o 18 e o 20 de Outubro.

Nesta ocasión Inversa participará cunha demo de Té con Kant, escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, o novo espectáculo da Compañía, o sábado ás 13:15 horas no Centro Integral de la Mujer. Plaza del Palillero- Cádiz.


Té con Kant en Pontevedra e A Coruña

Chega Té con Kant, escrita e dirixida por María Caparrini e Marta Pérez e interpretada por María Roja e Marta Pérez a Pontevedra e Coruña. A cita será o venres 4 de Outubro no Liceo Mutante de Pontevedra ás 20:30 horas e o sábado 5 de Outubro en Extramuros-A Coruña ás 21 horas. O prezo da entrada é de 5 euros. Para acceder é preciso dar un contrasinal que se dará ó público cando merquen a entrada ou cando se realice a reseva. Esperamos vervos por alí! Desde Prusia con amor! Guten Tag!!


Té con Kant no Festival Internacional Cómico da Maia- Portugal

Chega ó Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia- Portugal o novo de Inversa Teatro, Té con Kant, escrita e dirixida por María Caparrini e Marta Pérez e interpretada por María Roja e Marta Pérez. A cita será este luns 23 no Centrar'Arte Café Concerto ás 23 horas. As próximas datas en Galicia son o 4 de Outubro no Liceo Mutante de Pontevedra e o 5 de Outubro en Extramuros-A Coruña.

Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e... Ler máis »


ESTREA de Té con Kant en Axóuxere Editora- Rianxo

ESTREA de Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez. Un proxecto experimental de teatro íntimo para presentar en Salóns e espazos non convencionais, onde dialogando co público, este terá que tomar a decisión última sobre o destino das personaxes apelando ó Imperativo Categórico Kantiano.

Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas de Immanuel Kant, agárdanvos no Salón de Axóuxere Editora en Brión-Rianxo, os días 13 e 14 de Xullo ás 21 horas. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar antes do día 12 de... Ler máis »

Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro.

Nace Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez. Un proxecto experimental de teatro íntimo para presentar en Salóns e espazos non convencionais, onde dialogando co público, este terá que tomar a decisión última sobre o destino das personaxes apelando ó Imperativo Categórico Kantiano. Un espectáculo onde o humor, a ironía e a filosofía van da man para promover á reflexión (e acción) do público asistente, pasando pola manipulación de obxetos, video-proxeccións, fotomontaxes, recortables e teatro de sombras. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación... Ler máis »