Marta Pérez gaña o II Premio de Dramaturxia Breve a Pipa de Becerreá

Marta Pérez gaña o II Premio de dramaturxia breve no XXV Certame Literario da Pipa de Becerreá, coa peza titulada CATIÚSCAS. O Primeiro premio foi para Iria Acevedo, coa obra "Envasadas ao Baleiro" e o accésit recaeu en Jose F. Castillo Allen coa obra "Ara e Ira".

O Xurado para a modalidade de DRAMATURXIA BREVE estivo formado por: INMA LÓPEZ SILVA. Escritora. Crítica Teatral. Membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Teatro. Doutora en Filoloxía. Profesora da ESAD de Galicia. ROBERTO PASCUAL. Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Membro do Equipo de... Ler máis »


Nova crítica para Fémina Sapiens

Estamos encantadas con esta nova crítica do espectáculo Fémina Sapiens no Blog do Teatro Crítico Universal da RGT. Nesta ocasión firma a crítica Manuel Xestoso. Velaí vai:

"Fémina Sapiens

Un horizonte moral de doce mil euros

Manuel Xestoso

Femina Sapiens comeza interrogándose sobre o aparente paradoxo de que persoas cunha excelente formación cultural actúen cunha execrable baixeza moral e remata demandando doce mil euros para a conta corrente da personaxe protagonista, que non dá acabado a súa tese de doutoramento por falta de efectivo. Noutras palabras, pártese da cuestión sobre os vínculos entre razón e ética –e as... Ler máis »


Inversa participa no novo número da Revista Galega de Teatro

Inversa Teatro participa no número 73 da Revista Galega de Teatro que acaba de saír á rúa, co artigo "Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia" escrito por Marta Pérez e Vanesa Sotelo.

Este artigo é o resultado do convite recibido para participar no XVI Encontro de mulleres de Iberoamérica nas Artes Escénicas do FIT de Cádiz e tamén quedará plasmado na futura publicación das Actas do encontro.

A aparición nos últimos anos dun nutrido número de creadoras escénicas que en Galicia comezan a dirixir os... Ler máis »


Inversa Teatro participa no último número da Revista Galega de Teatro.

Inversa Teatro colabora nun artigo sobre a distribución das Artes Escénicas en Galicia no número 69 da Revista Galega de Teatro.

A RGT saca á rúa o seu número 69, correspondente ao inverno 2011-2012 e faino mantendo as súas seccións habituais e achegándose á dramaturxia portuguesa coa edición do texto Padam Padam, de Jose Maria Vieira Mendes (Lisboa, 1976). Deste xeito, a publicación consolida a súa aposta por tender pontes de intercambio co mundo da lusofonía despois de editar hai un ano Nunca estive en Bagdad, de Abel Neves.

Dentro das diferentes seccións deste número... Ler máis »