III Encontro Mulleres Creando no FITO de Ourense

O III Encontro Mulleres Creando de Ourense quere continúar a súa andaina fundamentalmente por tres motivos: O primeiro, a conciencia – e consciencia- e vontade que todo o equipo do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) posúe sobre a análise e reflexión en torno á visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. O segundo, a necesidade de (inter)conectar ás, cada vez máis, diferentes creadoras dun novo panorama escénico xurdido en Galicia. O terceiro é conclusión e suma dos dous puntos anteriores: A sororidade para acadar resultados concretos e efectivos de vez; afianzar e empreder procesos progresivos para alcanzar... Ler máis »


Función solidaria Té con Kant para a Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres

A Cía. Inversa Teatro pon en escena o próximo día 17 de abril ás 20:30 horas no Salón de Actos da Parroquia Cristo da Victoria (si, moi pretiño dese barquiño de Coia) a peza Té con Kant coa finalidade de recadar fondos para a Caravana Feminista que organiza a Marcha Mundial das Mulleres. A recadación íntegra irá destinada á coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres para esta caravana, que fará a súa chegada a Galiza alá pola primeira semana de outubro. Esperamos que poidades asistir e difundir!! É por unha boa causa!!

Porque... Ler máis »