Té con Kant en Mondariz

Té con Kant chega de novo a Galicia e nesta ocasión e faino este venres 11 de agosto ás 22:00 horas nun lugar moi especial: na Praza de Abastos do Concello de Mondariz. Estas dúas prusianas agárdanvos neste lugar tan curioso preparado especialmente polo Concello para a ocasión. A representación faise a través da Concellería de Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Mondariz. Tras unha parada da Cía. por traballos artísticos alleos por parte da directora, a peza poderá volver a verse nos escenarios en decembro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esperamos darvos unha moi boa nova chegado... Ler máis »

Té con Kant en Barcelona

INVERSA TEATRO VIAXA A BARCELONA CON TÉ CON KANT

A presentación da peza será os días 3 e 4 de marzo na Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora.

Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este martes 3 e mércores 4 de marzo en distintas facultades da Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. En concreto, o día 3 a obra será representada na Aula Magna da Facultade de Filosofía, Xeografía e Historia e o día 4 poderase ver na... Ler máis »


Estrea Oficial de Fémina Sapiens en Vigo

 

INVERSA TEATRO ESTREA O SEU NOVO ESPECTÁCULO FÉMINA SAPIENS EN VIGO.

As presentacións da peza serán este mércores 19 e xoves 20 ás 21 horas no Auditorio Municipal de Vigo

Inversa Teatro presenta a súa nova montaxe: Fémina Sapiens, un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, e que xa conta con varias datas para verse en diferentes espazos de Galicia e Colombia. A montaxe xa estivo presente en diferentes espazos como o Teatro Principal de Ourense, no Centro Patelas de Cuntis, na Casa da Cultura do Milladoiro, e no Centro... Ler máis »

Fémina Sapiens, a nova montaxe de Inversa Teatro.

INVERSA TEATRO PRESENTA O SEU NOVO ESPECTÁCULO FÉMINA SAPIENS.

As presentacións da peza arrancan este mércores 12 no Teatro Principal de Ourense, para seguir por Cuntis, Ames, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, A Coruña e Colombia.

Inversa Teatro presenta a súa nova montaxe: Fémina Sapiens, un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, e que xa conta con varias datas para verse en diferentes espazos de Galicia e Colombia.

Ler máis »