Té con Kant en Vigo, Lalín e Carballiño

Seguimos traballando en novos proxectos, mentres tanto, este mércores día 6 de abril no IES Politécnico de Vigo, o martes 12 de abril no Auditorio Municipal de Lalín, o venres 22 de novo en Vigo e o 27 de abril no Auditorio Municipal de O Carballiño, podedes seguir desfrutando destas dúas prusianas de Té con Kant.


Té con Kant en Barcelona

INVERSA TEATRO VIAXA A BARCELONA CON TÉ CON KANT

A presentación da peza será os días 3 e 4 de marzo na Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora.

Inversa Teatro presenta a súa peza Té con Kant este martes 3 e mércores 4 de marzo en distintas facultades da Universidade de Barcelona con motivo do Día Internacional da Muller Treballadora. En concreto, o día 3 a obra será representada na Aula Magna da Facultade de Filosofía, Xeografía e Historia e o día 4 poderase ver na... Ler máis »


Fémina Sapiens en New York

A montaxe Fémina Sapiens ven de ser selecionada para participar no II Festival Internacional Mujeres en Escena que se celebra en New York durante as fins de semana do mes de Novembro, con motivo da reinvidicación deste mes contra a violencia de xénero. A peza poderá verse os días 14 e 15 de novembro na Sala Francisco Requena dentro da sede do Comisionado Dominicano de Cultura en Los Estados Unidos, entidade do Ministerio de Cultura da República Dominicana que organiza o evento, situada no 541 West, 145 Street de Mahattan. Esq. Broadway Neste Festival latino participan compañías e mulleres creadoras... Ler máis »

Té con Kant en Nespereira- Pazos de Borbén

Volve o espectáculo de Té con Kant a novos escenarios galegos. Nesta ocasión poderemos ver a peza o domingo 13 de xullo na Casa de Cultura de Nespeira en Pazos de Borbén ás 21 horas.

As próximas datas para ver este espectáculo serán o 1 de agosto no  Liceo Mutante de Pontevedra, o 22 e 23 de Agosto na Sala Ingrávida de Porriño a través da Rede Galega de Salas, o 30 de Agosto no Auditorio Municipal da Cañiza, o 4 de Setembro en Valencia na Sala Matilde Salvador dentro do marco do I Congreso Internacional... Ler máis »


Inversa volve a Colombia

   

INVERSA TEATRO CHEGA DE NOVO A COLOMBIA CON FÉMINA SAPIENS E TÉ CON KANT

As presentacións das pezas serán  no marco do VIII Encuentro Internacional de Teatro de Barranquilla (ENITBAR) que se desenvolve desde o 21 de Abril ata o 2 de Maio.

Inversa Teatro presenta a súas novas montaxes no Festival ENITBAR en Colombia: Fémina Sapiens e Té con Kant. A compañía realiza así a súa cuarta xira a Latinoamérica e visita por terceiro... Ler máis »


Estrea Oficial de Fémina Sapiens en Vigo

 

INVERSA TEATRO ESTREA O SEU NOVO ESPECTÁCULO FÉMINA SAPIENS EN VIGO.

As presentacións da peza serán este mércores 19 e xoves 20 ás 21 horas no Auditorio Municipal de Vigo

Inversa Teatro presenta a súa nova montaxe: Fémina Sapiens, un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, e que xa conta con varias datas para verse en diferentes espazos de Galicia e Colombia. A montaxe xa estivo presente en diferentes espazos como o Teatro Principal de Ourense, no Centro Patelas de Cuntis, na Casa da Cultura do Milladoiro, e no Centro... Ler máis »

Fémina Sapiens, a nova montaxe de Inversa Teatro.

INVERSA TEATRO PRESENTA O SEU NOVO ESPECTÁCULO FÉMINA SAPIENS.

As presentacións da peza arrancan este mércores 12 no Teatro Principal de Ourense, para seguir por Cuntis, Ames, Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, A Coruña e Colombia.

Inversa Teatro presenta a súa nova montaxe: Fémina Sapiens, un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio, e que xa conta con varias datas para verse en diferentes espazos de Galicia e Colombia.

Ler máis »


Té con Kant en Santiago de Compostela

 

INVERSA TEATRO PRESENTA O ESPECTÁCULO TÉ CON KANT EN  SANTIAGO DE COMPOSTELA.

As presentacións da peza serán este xoves 6, venres 7, sábado 8 e domingo 9 na Zona C de Santiago de Compostela.

 

A compañía Inversa Teatro presenta  a peza de teatro íntimo Té con Kant. A obra está escrita e dirixida  por María Caparrini e Marta Pérez  e interpretada por María Roja e Marta Pérez. A peza... Ler máis »


Fémina Sapiens, a nova montaxe de Inversa Teatro.

Comeza a nova montaxe de Inversa Teatro: Fémina Sapiens. O proxecto volveu contar cunha axuda por parte de Agadic e desenvólvese como a primeira peza en residencia coa Casa Tomada na Coruña.

Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens ou se, pola contra somos máis proclives á involución.

Ler máis »


Inversa participa na Santa Bolaña.

Inversa estará este sábado 21 de Decembro polas rúas de Compostela con esta curiosa procesión da Santa Bolaña. Marta Pérez estará a cargo da peza Pressing Catch de Paula Carballeira no bar As Dúas. A "Procesión da Santa Bolaña” regresa ás rúas e tabernas de Santiago DC para celebrar un ano máis o seu ritual de viño, festa eteatro no solsticio de inverno. A procesión vaise realizar o vindeiro sábado dia 21 de Decembro, e facendo fe de puro paganismo, como xa é tradición, recorrerá as rúas de Compostela entre cánticos e ladaíñas profanas facendo parada e via crucis dramático... Ler máis »