Comezan as Fábulas Postsocráticas

En Inversa Teatro comezamos coa nosa campaña de comunicación das Fábulas Postsocráticas, escritas por Marta Pérez e Silvia Penas. Trátase de pequenas pezas literarias que versan sobre a violencia machista, inspiradas nas fábulas de Esopo. Estas acompañarán á nosa nova produción Sofía e as Postsocráticas. Hoxe temos a primeira historia das moitas que poderedes ver ao longo dos seguintes días. Da man do grandísimo Morris comezamos. Podedes seguir as nosas fábulas no noso facebook: https://www.facebook.com/inversateatro/

Cada día ata principios de novembro poderemos ler unha fábula diferente protagonizada por un/unha dos/das nosos/as actrices/actores do noso panorama escénico e... Ler máis »


Fémina Sapiens, a nova montaxe de Inversa Teatro.

Comeza a nova montaxe de Inversa Teatro: Fémina Sapiens. O proxecto volveu contar cunha axuda por parte de Agadic e desenvólvese como a primeira peza en residencia coa Casa Tomada na Coruña.

Fémina Sapiens é un solo teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens ou se, pola contra somos máis proclives á involución.

Ler máis »


Té con Kant en Pontevedra e A Coruña

Chega Té con Kant, escrita e dirixida por María Caparrini e Marta Pérez e interpretada por María Roja e Marta Pérez a Pontevedra e Coruña. A cita será o venres 4 de Outubro no Liceo Mutante de Pontevedra ás 20:30 horas e o sábado 5 de Outubro en Extramuros-A Coruña ás 21 horas. O prezo da entrada é de 5 euros. Para acceder é preciso dar un contrasinal que se dará ó público cando merquen a entrada ou cando se realice a reseva. Esperamos vervos por alí! Desde Prusia con amor! Guten Tag!!


Té con Kant no Festival Internacional Cómico da Maia- Portugal

Chega ó Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia- Portugal o novo de Inversa Teatro, Té con Kant, escrita e dirixida por María Caparrini e Marta Pérez e interpretada por María Roja e Marta Pérez. A cita será este luns 23 no Centrar'Arte Café Concerto ás 23 horas. As próximas datas en Galicia son o 4 de Outubro no Liceo Mutante de Pontevedra e o 5 de Outubro en Extramuros-A Coruña.

Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e... Ler máis »


Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro.

Nace Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez. Un proxecto experimental de teatro íntimo para presentar en Salóns e espazos non convencionais, onde dialogando co público, este terá que tomar a decisión última sobre o destino das personaxes apelando ó Imperativo Categórico Kantiano. Un espectáculo onde o humor, a ironía e a filosofía van da man para promover á reflexión (e acción) do público asistente, pasando pola manipulación de obxetos, video-proxeccións, fotomontaxes, recortables e teatro de sombras. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación... Ler máis »

Inversa realiza o curso Arte, Natureza e Teatro

Inversa Teatro impartirá o curso Arte, natureza e teatro que se realizará os días 24 e 25 de Novembro no Castelo de Soutomaior, encadrado dentro dos cursos de Arte e Natureza que o Grupo Arou ven organizando desde hai dez anos por toda Galicia. Os cursos están orientados en xeral a creadoras e creadores e nel traballaremos os puntos de vista escénicos ou viewpoints -teorizados por Anne Bogart-  a partires de composicións espaciais que nos ofreza a propia relación coa natureza.

Este evento de Arte, natureza e teatro conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

DESCRIPCIÓN DO... Ler máis »


Novas funcións de Inversa Teatro

PAPER DOLLS:

17  e 18 de Febreiro do 2012- Salón Teatro de Santiago de Compostela         KAMOURASKA: 3 e 4 de Marzo do 2012- Sala Santart en Santiago de Compostela ás 21h. 23, 24 e 25 de Marzo do 2012- Sala Arte Livre de Vigo ás 21:00 h. (Sábado 24 ás 21:30h)