Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

II ENCONTRO MULLERES CREANDO DO FITO DE OURENSE

Este encontro, desenvolverase os días 14, 15 e 16 de outubro na cidade de Ourense e ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Este ano, o Encontro centrarase na danza. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das... Ler máis »


Fémina Sapiens en Ourense e Pontevedra

Seguimos coa nosa xira e deste vez presentamos a peza Fémina Sapiens o día 20 de novembro no Auditorio Municipal de Barbadás- Ourense e o día 26 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra. Ambas representacións fanse con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. En breve, máis datas! Fémina Sapiens é un “sólo” teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis... Ler máis »

Fémina Sapiens no Festival Internacional Fazer a Festa- Portugal

Fémina Sapiens estará presente no 34º Festival Internacional Fazer a Festa que se desenvolve nas cidades de Porto, Matosinhos e Maia en Portugal entre o 23 de abril e 5 de maio.

"34ª Fazer a Festa - Festival Internacional de Teatro

24 Abril a 3 Maio 2015

Porto – Matosinhos - Maia

Uma iniciativa do Teatro Art´Imagem, com a participação de 18 companhias, 7 nacionais e 11 provenientes de vários países da Europa, África e América do Sul, que apresentarão 23 espectáculos.

A edição deste... Ler máis »


Inversa participa no novo número da Revista Galega de Teatro

Inversa Teatro participa no número 73 da Revista Galega de Teatro que acaba de saír á rúa, co artigo "Tomar as rendas e crear á inversa: unha perspectiva feminista da creación escénica en Galicia" escrito por Marta Pérez e Vanesa Sotelo.

Este artigo é o resultado do convite recibido para participar no XVI Encontro de mulleres de Iberoamérica nas Artes Escénicas do FIT de Cádiz e tamén quedará plasmado na futura publicación das Actas do encontro.

A aparición nos últimos anos dun nutrido número de creadoras escénicas que en Galicia comezan a dirixir os... Ler máis »