Inversa Teatro na V edición do FITO de Ourense (Festival Internacional de Teatro de Ourense)

Inversa Teatro estará presente nesta nova edición do Fito de Ourense que se realizará entre o 5 e o 20 de Outubro deste 2012. A peza que levará a escena Inversa Teatro será Kamouraska e a presentación realizarase o próximo 17 de Outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense.

Posteriormente a esta actuación, Marta Pérez e Vanesa Sotelo foron convidadas os días 19-20 e 21 de Outubro ó FIT de Cádiz (Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz) a dar a ponencia que leva por título ” Tomar las riendas y crear a la Inversa. El diálogo Feminista”, onde ademáis presentarán un pequeno fragmento interpretativo da peza Expostas.

Kamouraska