
Marta Pérez
Actriz e creadora escénica. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva nove producións teatrais: Expostas– da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini, Fémina Sapiens de autoría propia, Sofía (unipersoal) e Sofía e as Postsocráticas tamén de autoría propia, O Péndulo, co-escrita con Ernesto Is e Misión Imposible, co-producida con Aporía Escénica e co-escrita xunto Diana Mera. Inversa levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EEUU e Portugal tanto no 2012 coma no 2013 e 2014. Estudou interpretación nas escolas Santart e Espazo Aberto de Santiago de Compostela. No 2015 recibe o XV Premio Teatral Maruxa Villanueva pola súa interpretación en Té con Kant e pola súa traxectoria á fronte da Cía. Recibe tamén o Premio do público Coiro de Pita da Sala Ingrávida de Porriño polo espectáculo Té con Kant. No 2016 obtén o II Premio de Dramaturxia Breve da Pipa de Becerreá co texto Catiúscas. No 2022 O Péndulo recibe o Premio ao Mellor Espectáculo no FETEGA do Carballiño e acada dúas candidaturas aos Premios Max na a autoría e iluminación. Forma parte do Grupo DramaturXa do Centro Dramático Galego e publica O Péndulo no libro colectivo editado por Edicións Positivas e a Biblioteca CDG no 2019. Coa mesma editorial publica Tínder en xuño do 2021 (texto breve pertencente ao IV Torneo de Dramaturxia de Galicia da MITCF de Cangas) e no 2022 a nova versión de O Péndulo
Foi fundadora e co-propietaria da compañía de Teatro Arela das Artes desde 2002 ata o 2007, coa que realizou sete producións profesionais.
Traballou tamén para outras compañías como Cámara Negra Teatro, Noescafé Teatro (Alt Vigo), Fura dels Baus, Blanco & Roja, Lingoretas, Raigame Teatro, Escena-T e Aporía Escénica. No campo audiovisual, foi dobradora e participou en varias curtametraxes e longametraxes. Traballou como actriz contratada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e imparte cursos a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. Foi convidada a diferentes Festivais e convencións teatrais en Galicia, España, Portugal e Latinoamérica onde impartiu distintos talleres, cursos, charlas e relatorios. Colaborou coas Embaixadas de España en Colombia e Venezuela, en concreto con cursos e talleres sobre as Artes Escénicas desde unha perspectiva de Xénero no Centro Aecid de Cartagena de Indias- Colombia e na Universidade das Artes de Caracas. Coordina os Encontros de Mulleres Creadoras de Galicia: Mulleres Creando dentro do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). Puntualmente tén colaborado escribindo artigos en diferentes revistas de teatro en Galicia e publicado en obras colectivas. Foi colaboradora do programa ZigZag Diario na sección Escénicas no curso 2018-2019.
Ten traballado tamén como presentadora para diferentes eventos e actos públicos, como o Festival SinSal, a Gala dos María Casares, os Premios Economía Azul, O Mar Tamén ten Mulleres, Curtas Armadiña ou o Festival Internacional Primavera de Cine.

Marta Pérez (A Cañiza, 1979)
Actriz y creadora escénica. Licenciada en Filosofía por la Universidad de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- con la que lleva nueve producciones teatrales: Expostas de la que es co-autora y que fue publicada por la Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant también co-escrita por ella junto a María Caparrini, Fémina Sapiens de autoría propia, Sofía (unipersonal) y Sofía y las Postsocráticas también de autoría propia, El Péndulo, co-escrita con Ernesto Is y Misión Imposible, co-producida con Aporía Escénica y co-escrita junto a Diana Mera. Inversa la llevó a realizar giras por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EEUU y Portugal tanto en el 2012 como en el 2013 y 2014. Estudió interpretación en las escuelas Santart y Espacio Abierto de Santiago de Compostela. En el 2015 recibe el XV Premio Teatral Maruxa Villanueva por su interpretación en Té con Kant y por su trayectoria al frente de la Cía. Recibe también el Premio del público Coiro de Pita de la Sala Ingrávida de Porriño por el espectáculo Té con Kant. En el 2016 obtiene el II Premio de Dramaturgia Breve de la Pipa de Becerreá con el texto Catiúscas. Forma parte del Grupo DramaturXa del Centro Dramático Gallego y publica El Péndulo en el libro colectivo editado por Edicións Positivas y la Biblioteca CDG en el 2019. Con la misma editorial publica Tínder en junio del 2021 (texto breve perteneciente al IV Torneo de Dramaturgia de Galicia de la MITCF de Cangas) y en el 2022 la nueva versión de El Péndulo
Fue fundadora y con el-propietaria de la compañía de Teatro Arela das Artes desde 2002 hasta el 2007, con la que realizó siete producciones profesionales.
Trabajó también para otras compañías como Cámara Negra Teatro, Noescafé Teatro (Alt Vigo), Fura dels Baus, Blanco & Roja, Lingoretas, Raigame Teatro, Escena-T y Aporía Escénica. En el campo audiovisual, fue dobradora y participó en varios cortometrajes y largometrajes. Trabajó como actriz contratada en la Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia e imparte cursos a través de la Consellería de Educación de la Xunta de Galicia y de la Diputación de Pontevedra. Fue invitada a diferentes Festivales y convenciones teatrales en Galicia, España, Portugal y Latinoamérica donde impartió distintos talleres, cursos, charlas y ponencias. Colaboró con las Embajadas de España en Colombia y Venezuela, en concreto con cursos y talleres sobre las Artes Escénicas desde una perspectiva de Género en el Centro Aecid de Cartagena de Indias- Colombia y en la Universidad de las Artes de Caracas. Coordina los Encuentros de Mujeres Creadoras de Galicia: Mulleres Creando dentro del Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). Puntualmente ha colaborado escribiendo artículos en diferentes revistas de teatro en Galicia y publicado en obras colectivas. Fue colaboradora del programa ZigZag Diario de la TVG en la sección Escénicas en el curso 2018-2019 y coordinó los Festivales Galegos de Filosofía bajo la dirección de Carme Adán para el Consello da Cultura Galega.
Ha trabajado también como presentadora para diferentes eventos y actos públicos, como el Festival SinSal, los Premios Economía Azul, O mar tamén ten Mulleres, Curtas Armadiña o el Festival Internacional Primavera de Cine.
www.inversateatro.com
marta@inversateatro.com
(0034) 690.084.625
Book fotográfico: https://vimeo.com/197415739