Inversa volta ó Encontro de Mulleres do FIT de Cádiz.

Un ano máis, Inversa Teatro volve ser convidada ó XVII Encuentro de Mujeres de Iberoamérica en las Artes Escénicas dentro do Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz (FIT) que se desenvolve entre o 18 e o 20 de Outubro.

Nesta ocasión Inversa participará cunha demo de Té con Kant, escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez, o novo espectáculo da Compañía, o sábado ás 13:15 horas no Centro Integral de la Mujer. Plaza del Palillero- Cádiz.