Novas

Marta Pérez gaña o Premio Maruxa Villanueva

Fonte, a Voz de Galicia:

“O Concello de Padrón fallou onte o XIV Premio Teatral Maruxa Villanueva a favor de Marta Pérez pola súa interpretación en Té con Kant, da compañía Inversa Teatro, converténdoa así en gañadora da edición 2014.O xurado do certame valorou a «conxugación do didactismo co carácter lúdico», así como a igualdade como dereito e aspiración», que quedan plasmados na mencionada obra. Tamén destacou tamén o traballo de Marta Pérez á fronte de Inversa Teatro, indicando que «amosa unha capacidade de innovación na produción, con crecente proxección dentro e fóra de Galicia, que se transmite á orixinalidade e ó risco en todos os seus espectáculos».O premio está dotado con 1.200 euros, un diploma acreditativo e un busto de bronce de Maruxa Villanueva do autor Camilo Seira. O xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura Carmen Lois e formado, ademais, por especialistas en artes escénicas e teatrais, como Inma López Silva, Afonso Becerra, Caetano Biscainho e Roberto Pascual. O edil socialista Xosé Rei foi o representante da oposición.”

 

TÉ CON KANT

Té con Kant é un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez. É un  proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente. Atréveste a pensar con nós?

Con esta orixinal peza, a Compañía leva percorrido diferentes teatros e espazos en Galicia e no resto do estado, igual que a súa estandía en Festivais de Portugal e Colombia, país ao que volverán de novo neste 2015.

Fonte, a Voz de Galicia:

“O Concello de Padrón fallou onte o XIV Premio Teatral Maruxa Villanueva a favor de Marta Pérez pola súa interpretación en Té con Kant, da compañía Inversa Teatro, converténdoa así en gañadora da edición 2014.O xurado do certame valorou a «conxugación do didactismo co carácter lúdico», así como a igualdade como dereito e aspiración», que quedan plasmados na mencionada obra. Tamén destacou tamén o traballo de Marta Pérez á fronte de Inversa Teatro, indicando que «amosa unha capacidade de innovación na produción, con crecente proxección dentro e fóra de Galicia, que se transmite á orixinalidade e ó risco en todos os seus espectáculos».O premio está dotado con 1.200 euros, un diploma acreditativo e un busto de bronce de Maruxa Villanueva do autor Camilo Seira. O xurado estivo presidido pola concelleira de Cultura Carmen Lois e formado, ademais, por especialistas en artes escénicas e teatrais, como Inma López Silva, Afonso Becerra, Caetano Biscainho e Roberto Pascual. O edil socialista Xosé Rei foi o representante da oposición.”

 

TÉ CON KANT

Té con Kant es un espectáculo escrito y dirigido por María Caparrini y Marta Pérez e interpretado por María Roja y Marta Pérez. Es un proyecto experimental que conjuga el ensayo filosófico y la creación escénica jugando con el humor y la ironía para obtener una pieza de teatro próxima al formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried y Theodora Krauss son dos mujeres ilustradas llegadas a nuestra época en un viaje en el tiempo desde la Prusia del S. XVIII. Una vez aquí intentarán ejercer como agitadoras filosóficas con la pretensión de remover y promover a la reflexión (y acción) del público asistente alrededor de la problemática moral en nuestros días, a partir de las ideas de su amigo el filósofo Inmanuel Kant. La última decisión sobre el destino de estos personajes dependerá únicamente del público asistente. ¿Te atreves a pensar con nosotras?

Con esta original pieza, la Compañía lleva recorrido diferentes teatros y espacios en Galicia y en el resto del estado, igual que su estadía en Festivales de Portugales y Colombia, país al que volverán este 2015.