Ciclo Mesas Redondas da Asociación de Escritores en Lingua Galega

E despois do noso Encontro Mulleres Creando, Marta Pérez participa xunto con Clara Gayo, o día 16 de Outubro ás 19:30 horas no Charentón no X Ciclo de mesas redondas “Escritoræs na Universidade”, que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo co patrocinio da Secretaria xeral de Política Lingüística. Un pracer, grazas ao compromiso literario e cultural de Rexina Vega. E antes ca nós Rosa Enríquez e Teresa Moure en poesía e Juan Tallón e Manuel Darriba en Narrativa. E inda máis!!! Disque despois da nosa intervención chega o gran David Perdomo! Non podía ir mellor este día!

Post your thoughts