Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

II ENCONTRO MULLERES CREANDO DO FITO DE OURENSE

Este encontro, desenvolverase os días 14, 15 e 16 de outubro na cidade de Ourense e ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Este ano, o Encontro centrarase na danza. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das mulleres no ámbito das artes escénicas, promover á reflexión e debate ao redor delas e tomar as medidas necesarias de cara a igualdade.

Este ano contamos coa presenza de 34 creadoras: Amaranta Osorio (México-España-Francia), Marifé Santiago (Segovia), María Armesto, Mariana Carballal (Galicia), Plataforma de Mulleres na Cultura de Galicia, Begoña Cuquejo, Mercedes Suárez, Andrea Quintana, Caterina Varela, Nuria Sotelo, Kirenia C. Martínez e Gosia Trebacz, Branca Novoneyra, Fefa Noia, Marta Alonso, Belén Iglesias, Paloma Lugilde, María Torres, Cristina Balboa, Rutn Balbís, Olga Cameselle, Laura Iturralde, Montse Piñeiro, Uxía P. Vaello, María Roja, Alba Blanco, Beatriz Pérez, Isabel Sánchez Temprano, Ánxela Blanco, Cristina Montero, Laura Llauder, Noelia Blanco, Pia Nicoletti e Celina Fernández (Inherente Teatro)

Velaquí tes o dossier:

DO VENRES 14 AO DOMINGO 16
AUDITORIO MUNICIPAL
II ENCONTRO «MULLERES CREANDO»

Nos últimos anos xurdiron en Galicia toda unha serie de Compañías teatrais que introducen as tendencias da contemporaneidade. Curiosamente, moitas destas novas compañías teñen como principais impulsoras a mulleres (produtoras, directoras, dramaturgas, actrices, bailarinas, etc..) que, sumadas ás xa existentes creadoras escénicas, fan deste país un lugar absolutamente excepcional en canto a un novo panorama escénico sustentado nas diferentes e singulares voces de todas elas.

Desta forma, pretendemos aproximarnos á filosofía doutros Encontros realizados a nivel mundial, como a corrente Magdalena Project que, dende a súa creación no 1986 en Gales, traballa en rede en diferentes continentes como Europa, Latinoamérica e Australia. De igual modo, sérvenos de exemplo o Encontro de Mulleres de Latinoamérica nas Artes Escénicas, que se realiza dentro do marco do Festival Iberoamericano de Teatro de Cádiz (FIT) e que traballa dende hai dezaseis anos tentando revalorizar e conectar o traballo de mulleres creadoras de diferentes países europeos e latinoamericanos.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) é o lugar máis axeitado para levar a cabo este proxecto e que este Encontro actúe como acicate para intercambiar experiencias, coñecernos a través do que realizamos e seguir impulsando, tamén nas artes, a paridade como criterio cultural. Neste Encontro actrices, escritoras, directoras, performers, dramaturgas, bailarinas e artistas plásticas galegas xuntaranse con outras creadoras, produtoras, distribuidoras e directoras de Festivais do Estado compartindo linguaxes artísticas, discusións, crítica, apoio, esperanza e miradas sobre a vida, a través de mesas de conversacións, relatorios e procesos de traballo.

 

VENRES 14
12:00 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Mesa e reflexión: O xénero nas artes escénicas

Interveñen: Amaranta Osorio (México-España-Francia), MarifÉ Santiago (Segovia), MARÍA ARMESTO e Mariana Carballal (Galicia)

Como é a situación do xénero nas Artes Escénicas e a loita polas reivindicacións de creación feministas que se fan dende diversos colectivos. Con Amaranta Osorio coñeceremos en que consiste o Magdalena Project. Con Marifé Santiago poderemos  saber que pasos se están dando nas Artes Escénicas en Segovia para levar a cabo o proxecto Tempada de Igualdade nas Artes Escénicas en España. Destas tempadas tamén falará Mariana Carballal, integrante da Plataforma Clásicas e Modernas e María Armesto, directora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, daranos conta do seu traballo e últimas novidades das Xornadas Mulleres en Acción que o festival organiza desde hai 16 anos. Coñeceremos o traballo da Plataforma de Mulleres na Cultura de Galicia.

17:00 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Mesa e reflexión: A danza en Galicia

Interveñen: BegoÑa Cuquejo, Mercedes SuÁrez, Andrea Quintana, Caterina Varela e Nuria Sotelo

Coñeceremos a través destas cinco creadoras vinculadas coa danza e a posta en marcha de Festivais de danza en Galicia, como está este sector nestes momentos e os pasos que se poderían dar para que a difusión da danza sexa unha realidade.

19:30 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA AZUL
Espectáculo: Astraea

Intérpretes: KIRENIA C. MARTÍNEZ e GOSIA TREBACZ

 

SÁBADO 15
12:00 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Mesa e reflexión: A ollada feminina nas programacións

Interveñen: Branca novoneyra, Fefa noia, marta alonso e BELÉN IGLESIAS

Nesta mesa as diferentes directoras de Festivais galegos e xestoras no mundo da danza darán conta de cales son os seus criterios nas programacións, abrindo así o debate sobre se a perspectiva de xénero debe ser plasmada nas mesmas.

17:00 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Mesa e reflexión: A creación femenina en Galicia

Interveñen: PALOMA LUGILDE, MARÍA TORRES, CRISTINA BALBOA e RUTH BALBÍS

Nesta mesa diferentes creadoras galegas darán conta dos seus traballos e analizarán cales son as claves dos seus procesos.

19:30AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Espectáculo: A deriva
Intérprete: OLGA CAMESELLE

 

DOMINGO 16
12:00 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Mesa e reflexión: Creacións escénicas multidisciplinares

Interveñen: Laura Iturralde, Montse Piñeiro, Uxía P. Vaello, María Roja e Alba Blanco (Blanco & Roja)

Da man destas creadoras, poderemos indagar no papel que xoga a imaxe e outros tecidos escenográficos para dar forma a un espectáculo e as múltiples ópticas dende onde crear.

13:30  AUDITORIO MUNICIPAL – SALA AZUL
Espectáculo: Dramaturxia de mulheres (Noelia Blanco, Pia Nicoletti y Celina Fernández)

Compañía: Inherente Teatro

17:00 AUDITORIO MUNICIPAL – SALA VERMELLA
Mesa e reflexión: Bailarinas: ser muller, danzar e sobrevivir
Interveñen: Beatriz PÉrez, Isabel SÁnchez, Ánxela Blanco, Cristina Montero e Laura Llauder

Unha mesa de análise sobre o que sucede no mundo da danza e, en concreto, saber e coñecer como se marcan os roles femininos á hora de poñer en marcha unha coreografía, así como coñecer cales son as principais trabas no seu traballo do día a día.

+ info en: http://www.fitoourense.com/2016/actividades.html#.V_P5xaKzGwE

Post your thoughts