• Novas

    KAMOURASKA en Santiago de Compostela

    Este xoves 27 e venres 28 de Outubro Inversa Teatro representa ás 21 horas KAMOURASKA na Sala Arteria Noroeste de Santiago de Compostela. O prezo das entradas é de 8 €. Kamouraska é unha proposta escénica de corte contemporáneo e carácter asociativo que explora as claves do posdrama e elementos de creación colectiva. Está escrita e dirixida por Vanesa Sotelo e conta co traballo das actrices Bea Campos, María Caparrini e Marta Pérez. O proxecto experimental nace a partir da peza Lle langue-à-langue deas chiens de roche do autor quebequés Daniel Danis e a intención de transformala en posdrama. Con iso, a dramaturga Vanesa Sotelo (recentemente premiada co XIII Premio…