Estrea Sofía e as Postsocráticas

A nova montaxe de Inversa Teatro, Sofía e as Postsocráticas chega este novembro aos teatros. O venres 30 ás 21:30 horas faremos unha pre-estrea no Pazo de Cultura de Pontevedra, dentro do Culturgal para facer a estrea oficial 0 día 5 de Decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Vigo.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista, afondando nas causas da estrutura do maltrato. A partires de tres personaxes en escena: Sócrates, Platón e Aristóteles (interpretados por mulleres) trataremos de buscar un novo logos, é dicir, un novo patrón... Ler máis »


Comezan as Fábulas Postsocráticas

En Inversa Teatro comezamos coa nosa campaña de comunicación das Fábulas Postsocráticas, escritas por Marta Pérez e Silvia Penas. Trátase de pequenas pezas literarias que versan sobre a violencia machista, inspiradas nas fábulas de Esopo. Estas acompañarán á nosa nova produción Sofía e as Postsocráticas. Hoxe temos a primeira historia das moitas que poderedes ver ao longo dos seguintes días. Da man do grandísimo Morris comezamos. Podedes seguir as nosas fábulas no noso facebook: https://www.facebook.com/inversateatro/

Cada día ata principios de novembro poderemos ler unha fábula diferente protagonizada por un/unha dos/das nosos/as actrices/actores do noso panorama escénico e... Ler máis »


Nova produción de Inversa Teatro: Sofía e as Postsocráticas

Inversa Teatro ven de recibir unha nova subvención de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) para a súa próxima montaxe: Sofía e as Postsocráticas.

Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista desde unha perspectiva filosófica, empregando máis concretamente ideas da filosofía grega con tres personaxes en escena: Sócrates, Aristóteles e Platón (interpretados por Silvia Penas, María Roja e Marta Pérez) que empregarán recursos de marionetas a escala real ademáis dunha técnica visual sobre o escenario que consegue a duplicación das personaxes e marionetas. Nesta peza, a escenografía, xunto coa poesía e a música xoga... Ler máis »


Té con Kant no Carballiño e Tomiño

Té con Kant chega de novo a Galicia e nesta ocasión e faino este venres 9 de marzo no Auditorio Municipal do Carballiño nunha función matinal ás 11:30 horas e o día 10 de marzo na Casa de Cultura de Tomiño para público xeral ás 20:30 horas. Os actos realízanse con motivo do día intercional da muller. As seguintes datas para ver de novo este espectáculo serán o 12 de abril no IES Politécnico de Vigo e o 15 de xuño no IES Sanxillao de Lugo.  

Té con Kant e Fémina Sapiens en Ribeira, Asturias e Santiago de Compostela

Inversa Teatro volve coas obras que ten cartel: Fémina Sapiens e Té con Kant. Nesta ocasión recalamos no Auditorio Municipal de Ribeira o día 23 de novembro, para acto seguido, actúar en Tapia de Casariego (Asturias) o día 4 de decembro e rematamos en Santiago de Compostela onde presentamos seis funcións en total das dúas montaxes os días 14, 15, 16 e 17 de decembro no Salón Teatro.

Tes máis información e horarios no link do calendario desta páxina.


III Encontro Mulleres Creando no FITO de Ourense

O III Encontro Mulleres Creando de Ourense quere continúar a súa andaina fundamentalmente por tres motivos: O primeiro, a conciencia – e consciencia- e vontade que todo o equipo do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) posúe sobre a análise e reflexión en torno á visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. O segundo, a necesidade de (inter)conectar ás, cada vez máis, diferentes creadoras dun novo panorama escénico xurdido en Galicia. O terceiro é conclusión e suma dos dous puntos anteriores: A sororidade para acadar resultados concretos e efectivos de vez; afianzar e empreder procesos progresivos para alcanzar... Ler máis »


Té con Kant en Mondariz

Té con Kant chega de novo a Galicia e nesta ocasión e faino este venres 11 de agosto ás 22:00 horas nun lugar moi especial: na Praza de Abastos do Concello de Mondariz. Estas dúas prusianas agárdanvos neste lugar tan curioso preparado especialmente polo Concello para a ocasión. A representación faise a través da Concellería de Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Mondariz. Tras unha parada da Cía. por traballos artísticos alleos por parte da directora, a peza poderá volver a verse nos escenarios en decembro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Esperamos darvos unha moi boa nova chegado... Ler máis »

Comeza o II Encontro Mulleres Creando do FITO de Ourense

II ENCONTRO MULLERES CREANDO DO FITO DE OURENSE

Este encontro, desenvolverase os días 14, 15 e 16 de outubro na cidade de Ourense e ten como finalidade contruír un espazo de intercambio artístico, divulgación e estudo da creación escénica feminina nas súas múltiples facetas. Este ano, o Encontro centrarase na danza. Durante estes días e a través de diferentes mesas temáticas, as diferentes convidadas poderán intercambiar as súas diferentes linguaxes creativas, poñer en valor os seus traballos e asegurar así a visibilidade das actividades artísticas nas mulleres. A pretensión é coñecer en profundidade a situación das... Ler máis »


Té con Kant en Vigo, Lalín e Carballiño

Seguimos traballando en novos proxectos, mentres tanto, este mércores día 6 de abril no IES Politécnico de Vigo, o martes 12 de abril no Auditorio Municipal de Lalín, o venres 22 de novo en Vigo e o 27 de abril no Auditorio Municipal de O Carballiño, podedes seguir desfrutando destas dúas prusianas de Té con Kant.


Novos Proxectos en Inversa Teatro.

Inversa Teatro está preparando novos proxectos que levar á escena neste 2016, mentres tanto, repetimos este mércores 18 con Té con Kant no Teatro Principal de Santiago de Compostela e o 6 de abril coa mesma peza na cidade de Vigo.