• Novas

    Xornadas sobre Dramaturxia Galega

    A directora de Inversa Teatro, Marta Pérez, estará participando nestas Xornadas na mesa Mulleres na Dramaturxia. Velaquí toda a información extraída da web de DRAMATURGA. Asociación Galega de Dramaturxia: Froito da colaboración entre o Centro Dramático Galego e a Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, é un pracer presentarvos a primeira iniciativa pública fraguada nos estaleiros da nosa incipiente asociación. Na procura de novos discursos e novos horizontes, empeñámonos na realización das primeiras Xornadas sobre Dramaturxia Galega, de espírito aberto e cooperativo, baixo o rótulo de Dramaturxente. É chegado o momento de mapear o territorio da creación dramática no noso país, de tentar diagnósticos xenuínos e partillar rotas, trilladas ou por…