• Novas

    O Péndulo. Nova montaxe de Inversa Teatro

    Nace O Péndulo, a nova montaxe de Inversa Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e a Area da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colabora o Concello da Cañiza, o Concello de Negreira e o Concello de Vigo. Será precisamente en Vigo onde se realizará a estrea o venres 4 de marzo no Auditorio Municipal ás 20 horas e ao día seguinte, sábado 5, estará na Casa de Cultura da Cañiza ás 21 horas. No mes de marzo repetiremos no Auditorio Manuel Dopazo de Silleda o día 11 e no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar o día 26. O Péndulo…