• Novas

    ESTREA de Té con Kant en Axóuxere Editora- Rianxo

    ESTREA de Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez. Un proxecto experimental de teatro íntimo para presentar en Salóns e espazos non convencionais, onde dialogando co público, este terá que tomar a decisión última sobre o destino das personaxes apelando ó Imperativo Categórico Kantiano. Theodora Kraus e Johanna Gottfried, amigas íntimas de Immanuel Kant, agárdanvos no Salón de Axóuxere Editora en Brión-Rianxo, os días 13 e 14 de Xullo ás 21 horas. O aforo é limitado, polo que será preciso reservar antes do día 12 de xullo, escribindo a inversa@inversateatro.com ou chamando ó 690.084.625. Deste xeito tamén recibiredes…