• Novas

    Comezan as Fábulas Postsocráticas

    En Inversa Teatro comezamos coa nosa campaña de comunicación das Fábulas Postsocráticas, escritas por Marta Pérez e Silvia Penas. Trátase de pequenas pezas literarias que versan sobre a violencia machista, inspiradas nas fábulas de Esopo. Estas acompañarán á nosa nova produción Sofía e as Postsocráticas. Hoxe temos a primeira historia das moitas que poderedes ver ao longo dos seguintes días. Da man do grandísimo Morris comezamos. Podedes seguir as nosas fábulas no noso facebook: https://www.facebook.com/inversateatro/ Cada día ata principios de novembro poderemos ler unha fábula diferente protagonizada por un/unha dos/das nosos/as actrices/actores do noso panorama escénico e audivisual. Sofía e as Postsocráticas é unha obra que versa sobre a violencia machista,…